DATOS GENERALES
Descripción de la Organización
O coleccionismo de arte público ou privado é, sen dúbida, unha das pezas fundamentais na estrutura do sistema artístico actual dentro das complexas relacións entre arte e mercado. Faise necesario reflexionar sobre esta actividade nun momento socioeconómico complexo. Un eido marcado por unha fiscalidade
adversa, polas reducións orzamentais e por unha ausencia de lexislación reguladora do mecenado, obriga a un debate sobre o coleccionismo, un dos piares da sempre complexa trama da arte contemporánea.
As xornadas ARTE + COLECCIONISMO pretenden analizar a actividade coleccionista das últimas décadas dentro e fóra de Galicia, a través das achegas e experiencias de diferentes profesionais que desenvolven o seu traballo en coleccións privadas e públicas. As súas contribucións axudarán a enriquecer unha
reflexión necesaria sobre a situación actual e os parámetros que se poidan abrir cara a novos horizontes.
Trátase, en definitiva, de reflexionar sobre o presente e o futuro do coleccionismo de arte no século XXI, intentando responder, entre outras, ás seguintes cuestións: Como se traballa neste sector respecto ás últimas décadas? Como afecta a crise ao coleccionismo? Cal pode ser o seu futuro?
PROGRAMA
Mércores, 4 de novembro
Sesión da mañá
10:00 horas
Inauguración das xornadas
10:30 horas
Presentación
Ramón Villares, presidente do Consello
da Cultura Galega
María Luísa Sobrino Manzanares,
coordinadora da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega
I. ANÁLISE DO COLECCIONISMO. O COLECCIONISMO EN ESPAÑA: SITUACIÓN E PERSPECTIVAS
11:00 horas
Conferencia
Mercedes Basso, directora xeral da
Fundación Arte y Mecenazgo (Barcelona)
Presenta: María Luísa Sobrino Manzanares
12:00 horas
Pausa
12:30 horas
Conferencia
Jose Mª Luna, director de equipamentos
museísticos e culturais do Concello de Málaga
Presenta: Rosario Sarmiento Escalona,
xestora cultural e experta en coleccionismo.
Ex-directora da Colección de Arte CaixaGalicia
13:30 horas
Debate
Mercedes Basso e Jose Mª Luna
Modera: Rosario Sarmiento Escalona
Sesión da tarde
II. COLECCIÓNS INSTITUCIONAIS PÚBLICAS E PRIVADAS
16:30 horas
Coleccionismo: ¿por amor á arte?
Evelio Acevedo, director xerente do
Museo Thyssen (Madrid)
Presenta: María Luísa Sobrino Manzanares
III. COLECCIONISMO PÚBLICO, COLECCIONISMO PRIVADO
Sesión de relatorios
Modera: Rosario Sarmiento Escalona
17:30 horas
Alfonso de la Torre, conservador Colección Circa XX e experto en coleccionismo
18:00 horas
Enrique Moral Sandoval, director da
Fundación AENA (Madrid)
18:30 horas
Cristina Fontaneda, directora do Museo
Patio Herreriano (Valladolid)
19:00 horas
Debate
Evelio Acevedo, Alfonso de la Torre,Enrique Moral Sandoval e Cristina Fontaneda
Xoves, 5 de novembro
Sesión da mañá
IV. A PAIXÓN DE COLECCIONAR
10:30 horas
Entre o material e o inmaterial: coleccionismo e coñecemento
Gabriel Pérez-Barreiro, director e
comisario xefe da Colección Patricia Phelps de Cisneros
Presenta: María Luísa Sobrino
Manzanares
11:30 horas
Pausa
12:00 horas
Conferencia
Pilar Citoler, coleccionista. Colección
Circa XX, Premios Coleccionismo ARCO
2005 e Fundación Arte y Mecenazgo 2014
Presenta: Rosario Sarmiento Escalona
13:00 horas
Debate
Gabriel Pérez-Barreiro e Pilar Citoler
Modera: María Luísa Sobrino Manzanares
Sesión da tarde
V. O MERCADO DA ARTE
16:30 horas
Conferencia
Carlos Urroz, director de ARCOmadrid
Presenta: Natalia Poncela López, crítica de arte e comisaria de exposicións. Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega
17:30 horas
Pausa
VI. COLECCIÓNS E COLECCIONISTAS
Sesión de relatorios
Modera: Natalia Poncela López
18:00 horas
José Blanco, coleccionista (Santiago de
Compostela)
18:30 horas
Rosario Sarmiento Escalona, xestora
cultural e experta en coleccionismo. Ex-directora da Colección de Arte CaixaGalicia
19:00 horas
Guillermo de Osma, galerista (Madrid)
19:30 horas
Debate: Carlos Urroz, José Blanco, Rosario Sarmiento Escalona e Guillermo de Osma
Exposición. 13 dic de 2024 - 04 may de 2025 / CAAC - Centro Andaluz de Arte Contemporáneo / Sevilla, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España