Inicio » Archivo Guía de arte

Nuria Figueiredo

Artista
Seguir

       


Residencia


ENLACES OFICIALES
Web  Blog 

Descripción del Artista

Nuria Figueiredo é unha artista multidisciplinar que vive e traballa en Pontevedra, onde forma parte do Estudio Pacheco, xunto con Berto Fojo, Jaime Olmedo e Natalia Umpiérrez. Matricúlase na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, onde cursa os tres primeiros anos, licenciándose na Escola de Belas Artes de Bilbao no ano 2010. Nuria recorda divertida o seu paso pola Facultade, como exprimía o enxeño á hora de desenvolver proxectos, algo que lle serviu para diversificarse profesionalmente e afrontar con valentía diferentes disciplinas: a ilustración, o debuxo, a estampación e o deseño textil, a pintura e ata a cerámica, técnica coa que se atopa experimentando na actualidade. O seu perfil creativo encaixa á perfección co dunha persoa inqueda, tal cal como á propia Nuria gústalle definirse. Entre os proxectos dos que se sente máis orgullosa destaca A Fabriquería (Tui), unha mestura de taller e espazo creativo do que formou parte e no que se ofertaban actividades culturais, concertos, talleres, etc.; entusiásmalle o mundo do Fanzine, para o cal desenvolveu un imaxinario moi particular no que as mans ocupan un papel fundamental; enorgullecese de colaborar no deseño de todo tipo de carteis e elementos publicitarios co Liceo Mutante; e tamén das súas pinturas e estampados. Sobre estos últimos sinalar que é un dos xéneros que mellor domina Nuria, a estampación e o deseño textil, entendéndoo como unha técnica complementaria e enriquecedora na liña de grandes artistas como Sonia Delaunay, Dufy, Picasso, Mirou ou Warhol, os cales souberon ir máis aló dos límites que marcaban as súas propias disciplinas. Como aqueles, Nuria fixo extensible o seu talento creativo a todo tipo de soportes: tecidos, sudaderas, camisetas, broches... A vitrina non a asusta mentres que non se empañe o cristal e déixelle ver o exterior.



Entrada actualizada el el 05 may de 2022

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?
Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. O si lo prefieres, también puedes ponerte en contacto con su autor.
ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.
Recomendaciones ARTEINFORMADO

Premio. 17 sep de 2024 - 27 ene de 2025 / España

VII Puchi Award

Ver premios propuestos en España

Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España

Reflejos. Picasso/Koons en la Alhambra

Ver exposiciones propuestas en España

Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España

Máster PHotoESPAÑA en Fotografía 2024-2025

Ver cursos propuestos en España