Organizaciones con obra
Descripción del Artista
Marcos iniciou os seus estudos na Facultade de Belas Artes de Altea, continuounos en Pontevedra, Kingston e Berlín, licenciándose na Facultade de Belas Artes de Barcelona no 2010. Completou os seus estudos coa realización do Master de Arte Contemporáneo. Creación e Investigación da Universidad de Vigo.
Cando lle preguntas que foi o máis destacable da súa carreira, Marcos responde cortésmente que os compañeiros e os profesores, polo diálogo e o intercambio “nutritivo” de ideas. Considera que ter desenvolvido os seus estudos en contextos universitarios nacionais e internacionais, foi decisivo non só para o enriquecemento da súa formación docente senón tamen como experiencia vivencial, cultural e artística.
Comenta con certa resignación a falta de regulamento do grao en Belas Artes no seo da sociedade, fora dos ámbitos académicos e institucionais, para evitar caer na banalidade e acabar sendo un simple decorador de interiores.
Considera difícil definirme artísticamente ou como persoa, pero finalmente animouse e dixo o seguinte: “Considérome un pintor mediocre que traballa coa representación ou analoxía entre concepto e forma para poder desenvolver e investigar problemas cognoscitivos complexos”.
Entre os proxectos dos que se sinte máis orgulloso citar The answers are blowin’ in the wind, que tivo lugar na Fundación RAC de Pontevedra na primavera do 2015. Recentemente formou parte de varias exposicións tanto individuais como colectivas entre as que destacan: Alrededor de una pasión. Centro Huarte (Pamplona, 2015); Sin respeto, xunto con Nono Bandera, Julio Falagán e Carlos G. Boy, na Galería Combustión Espontánea (Madrid, 2016) ou a 14º Mostra de Arte Gas Natural Fenosa, no MAC (A Coruña, 2016).
Como a Nati, gostaríalle participar en proxectos cun presuposto que dignificase a profesión de artista. E sobre o de mostrarse nunha vitrina, di sentirse como un tiburón en formol.
Exposición. 13 dic de 2024 - 04 may de 2025 / CAAC - Centro Andaluz de Arte Contemporáneo / Sevilla, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España