Descripción del Artista
Nado en 1895 en Hungría, instálase en París en 1925, aínda que logo adquirirá a nacionalidade francesa. Do seu país natal levou consigo unha formación artística recibida do pintor C. Ferenczy, nado en 1862, lonxe das vangardas. Pero París era París e, tras a eclosión das vangardas clásicas, prodúcese un rexurdimento da ilustración a partir de 1918 e unha recuperación da importancia da figuración humana na pintura e no gravado.
Vertès logra un papel destacado como ilustrador de escritores importantes como Colette, Mac Orlan, F. Carco, P. Loüys, P. Morand ou Ramón Gómez de la Serna. En palabras de Claude Roger-Marx, Vertès foi un e diverso, pola pluralidade de técnicas, a forza do movemento, a intensidade lírica e a seguridade técnica.
En 1954 edítase en París a edición de Daphnis et Chloé de Longo ilustrada por Vertès. Trátase dunha novela clásica do grego Longo, escrita entre fins do século II e comezos do século III. Novela pastoríl cunha impronta da paisaxe e do erotismo, que se adpataba moi ben ao estilo do autor.
O gravador de orixe húngara amosa nas súas corenta e sete punta secas o seu dominio técnico, o sentido do ritmo e do movemento. Non pode negarse o influxo do Picasso da Suite Vollard (1937) tanto no gusto clasicista dos nus, no arcadismo, na técnica da punta seca e na forza erótica dalgunhas estampas. O mundo clásico é o símbolo dun novo humanismo que ten en conta a subxectividade do artista. O narrador de Mitilene encontrou en Vertès un ilustrador axeitado ao erotismo da súa novela.
Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España