Inicio » Agenda de Arte

Xuventude Crea 2022

Premios / Dotación:


1º Premio (cada especialidad) 3.000 euros
2º Premio (cada especialidad) 1.500 euros
3º Premio (cada especialidad) 1.000 euros

Cuándo:
06 jul de 2022 - 05 ago de 2022

Dónde:
Santiago de Compostela, A Coruña, España

Inscripción:
Cerrada desde 05-08-2022

Dirigido a:
Artistas

Organizada por:
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Bases de publicación:
Descargar bases

ENLACES OFICIALES
Web 
Etiquetas
Arte urbano  Arte urbano en A Coruña  Escultura  Escultura en A Coruña  Joyería artística  Joyería artística en A Coruña  Pintura  Pintura en A Coruña  Video arte  Video arte en A Coruña 

       



Documentos relacionados
pdf Bases
pdf Folleto

Descripción del Premio

A Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, consciente da importancia que ten facilitar vías polas que poida manifestarse a actividade e inquedanza artística individual e colectiva da xuventude galega, convoca anualmente o programa Xuventude Crea, un certame de creadores novos que pretende estimular e apoiar á imaxinación, á creatividade e á innovación. Este certame comezou a súa andaina o 2010 coa denominación Xuventude Crea, polo que neste ano 2022 cumpre trece anos. Xuventude Crea pretende actuar como estímulo económico para a mocidade, pero ante todo quere ser un trampolín para mostrar as propostas da mocidade galega, un escaparate no que o público poida coñecer a estes novos talentos e ás súas obras nun amplo abano de especialidades, e tamén ofrecerlles a oportunidade de dar a coñecer o que fan, actuar como a canle de divulgación das inquietudes artísticas individuais e colectivas da xuventude galega, e fomentar entre os mozos/as actividades de ocio e tempo libre saudable. Vai dirixido aos mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano de cada convocatoria, agás o establecido na parte específica de cada especialidade. Enténdese por profesional aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na que solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónomo/a nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade. Salvo no caso das especialidades de arte urbana, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, música e teatro, a participación será sempre a título individual. A dotación económica dos premios por cada unha das especialidades é: 1º premio: 3.000 euros 2º premio: 1.500 euros 3º premio: 1.000 euros Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior. Ademais dos premios, a convocatoria prevé axudas económicas para as persoas participantes que accedan á fase final de determinadas especialidades e, o que é máis importante, as obras finalistas e premiadas terán a vantaxe de ser obxecto de difusión e promoción de forma que se fará visible o talento e a creatividade das súa persoas autoras. Por todo o anterior, desde o 2010 ata a presente edición de 2022, neste programa participaron máis de 4.000 mozos e mozas, con 2.973 obras e proxectos creativos. Temos repartido 451 premios, por importe total de 649.000 euros, e 62 mencións de honra. CONVOCATORIA XUVENTUDE CREA 2022 A convocatoria do programa Xuventude Crea 2022 publícase do Diario Oficial de Galicia do 5 de xullo de 2022, coas seguintes novidades: incorporación da modalidade de música clásica dentro da especialidade de música, cuxos solistas ou grupos participantes poderán optar, ademais dos restantes premios, a un premio especial dotado con 1.000 euros. A especialidade de graffiti pasa a converterse en arte urbana, co obxectivo de dar cabida ás diferentes expresións artísticas no eido do muralismo. Así, as 14 especialidades artísticas que se convocan son as seguintes: Artes plásticas: Coas modalidades de pintura e escultura. As obras serán orixinais e o tema e as técnicas serán libres. Arte urbana: As obras serán orixinais, inéditas e, de ter texto, este estará en galego. O tema e a técnica serán libres. Os traballos poderán ser individuais ou en parella. Banda deseñada: As obras serán orixinais e inéditas, de temática libre e con textos en galego. A técnica pode ser calquera, en branco e negro ou en cor. A obra presentarase en formato dixital (A4 ou A3) e a extensión mínima terá que ser de 10 páxinas. Cociña: As receitas poderán ser individuais ou en parella, admitíndose unha receita por participante (sexa individual ou en parella). Pode tratarse dun prato salgado ou doce, e a base do mesmo deberá contar con denominación de orixe de Galicia ou ben pola Federación de Prazas de Abastos de Galicia. Creación de videoxogos: As obras poderán ser individuais ou en grupo (máximo de 5 integrantes) Un 25% dos participantes poderá superar os 30 anos de idade. Serán orixinais, inéditas e os textos e o audible en galego, agás a banda sonora, que poderá estar en calquera lingua. A temática será libre. Os videoxogos deberán dispoñer, como mínimo, de versións para Windows ou Mac Os. Danza moderna: Coas disciplinas de danza contemporánea, danza urbana, jazz-lírico e danza experimental. De forma individual ou en grupo (mínimo de 2 persoas e máximo de 30) A duración da actuación non pode superar os cinco minutos e a coreografía debe ser inédita. Deseño de xoias: A colección, que poderá ser tanto para home como para muller, debe ser orixinal e estará composta por 3 xoias. O remate das pezas debe traballarse en metal con pezas de xoiería, excluíndo a utilización de fornituras compradas. Fotografía: As obras serán orixinais, o tema e as técnicas serán libres. Unha ou varias fotografías, ata un máximo de 6, en cor ou branco e negro. As obras orixinais serán requiridas ás persoas participantes, só no caso de que fosen seleccionadas para a exposición final ou se a comisión de selección o estima necesario. Moda: As coleccións deben ser orixinais e coherentes, con 5 modelos de home ou muller. Será necesario definir o tecido utilizado e os complementos para cada un dos modelos presentados. Presentaranse estes deseños en láminas de formato DIN A-3 (297 mm x 420 mm), con deseño de fronte e de costas. Música: Solistas e grupos de pop, folk, rock, hip-hop e demais variedades de música contemporánea, así como solistas e grupos de música clásica que serán os que poidan optar, ademais, ao premio especial de 1.000 euros. Admitirase que ata un 25% das persoas compoñentes do grupo supere os 30 anos. Novela curta: A obra será orixinal, inédita e en galego. O tema será libre. A ordenador, en tamaño 12, tipografía arial e a dobre espazo. Terá unha extensión mínima de 80 páxinas e máxima de 200 e as follas estarán numeradas. Poesía: A obra será orixinal, inédita e en galego. O tema e a técnica serán libres. A obra realizarase a ordenador, en tamaño 12 e a dobre espazo. Terá unha extensión mínima de 50 versos e máxima de 100 e as follas estarán numeradas. Teatro: Grupos teatrais, non profesionais, compostos por persoas galegas ou residentes en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2022. As representacións serán en lingua galega, maila que as obras poderán ser de autoría galega, española ou estranxeira. Poderanse presentar obras orixinais. A duración da representación de cada obra será de mínimo 30 minutos e máximo 1 hora e media. Videocreación: As obras serán orixinais, inéditas e en galego. O tema será libre, mais deberá dar prioridade aos contidos artísticos e culturais dunha maneira innovadora e experimental (é dicir, que se sitúa fóra dos códigos convencionais, que aposta por fórmulas audiovisuais onde se dá prioridade á subxectividade). A duración de cada obra será dun mínimo de 2 minutos e dun máximo de 8 minutos e a súa realización debe ser posterior ao 1 de xaneiro de 2022.


Entrada actualizada el el 13 jul de 2022

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?
Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla.
ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.
Eventos relacionados

Premio. 06 jul de 2022 - 05 ago de 2022 / Santiago de Compostela, A Coruña, España

Xuventude Crea 2020

Premio. 06 jul de 2022 - 05 ago de 2022 / Santiago de Compostela, A Coruña, España

Premio Xuventude Crea 2014

Premio. 06 jul de 2022 - 05 ago de 2022 / Santiago de Compostela, A Coruña, España

Premio Xuventude Crea 2013

Ver los 4 eventos relacionados

Recomendaciones ARTEINFORMADO

Premio. 17 sep de 2024 - 27 ene de 2025 / España

VII Puchi Award

Ver premios propuestos en España

Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España

Reflejos. Picasso/Koons en la Alhambra

Ver exposiciones propuestas en España

Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España

Máster PHotoESPAÑA en Fotografía 2024-2025

Ver cursos propuestos en España