Descripción de la Exposición
Nado en Pontevedra o 28 de outubro de 1906, Xosé Fernando Filgueira Valverde foi un intelectual de vasta e sólida formación, profesor e investigador, un dos derradeiros grandes polígrafos que deu Galicia.
Incansable traballador, foi xestor e promotor de moitas das empresas culturais da súa época. A máis sobranceira é o Museo de Pontevedra, do que será director entre 1940 e 1986, fundando ademais a revista El Museo de Pontevedra en 1942. Compre subliñar, pola súa importancia, a adquisición do legado de Castelao polo Museo, grazas á iniciativa persoal de Filgueira Valverde, quen o librou así da súa máis que probable dispersión por parte das autoridades da ditadura, que se incautaran dos bens de Castelao en Pontevedra. En 1976 participa na creación do Museo do Pobo Galego, do que foi patrón ata a súa morte. Membro da Real Academia Galega desde 1941, numerario da Real Academia da Historia desde 1980, Presidente do Consello da Cultura Galega en 1990.
Finou en Pontevedra o 13 de setembro de 1996.
Premio. 25 mar de 2025 - 08 may de 2025 / Madrid, España
Exposición. 11 abr de 2025 - 28 sep de 2025 / Museo Guggenheim Bilbao / Bilbao, Vizcaya, España
Formación. 08 may de 2025 - 17 may de 2025 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España