Descripción de la Exposición
A terceira das mostras da programación da Sala X durante o 2016 fai alusión co seu título ó son e tamén ó que media entre el, isto é, o silencio. Este proxecto de exposición colectiva xorde no contexto do Máster de Arte Contemporánea. Creación e Investigación da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, sendo a conclusión dun traballo de fin de máster de índole teórica da vertente de investigación que ditos estudos ofertan. A exposición aborda a idea de silencio dende a súa imposibilidade, tendo en conta o que supón súa utilización como recurso que acentúa as posibilidades expresivas da propia obra. Así, as obras seleccionadas xiran arredor da capacidade polisémica que xera a ausencia de certo contido ou aluden a situacións nas que o son vese amplificado por unha maior atención do espectador, que permanece en silencio.
Clara Sobrino - Trance, 2015 (WIP- Traballo en proceso). Nesta peza asistimos a un baile sen son, no que dita ausencia leva ó espectador a centrarse na plasticidade dos movementos e nos aspectos visuais e estéticos do video. Apreciamos os xestos ralentizados só cando as luces estrobocópicas iluminan as figuras que se atopan inmersas na escuridade e nunha peza musical que debemos imaxinar.
Dennise Vacarello e Manuel Mata - du caba liá du caba, 2016. Dennise a Manuel traballan xuntos nunha obra específica para a exposición. O con- xunto final, que mestura textos e imaxe, está parcialmente agochado para ó espectador ó estar os textos nun “idioma” que só eles coñecen. Só nos queda a posibilidade de inventar un significado ante unha comunicación semiausente.
Begoña García-Alén - Página 1 / Página 2, 2016. Begoña presenta aquí unha paisaxe suspendida no tempo, tempo que sabemos que transcorre pola disposición dos elementos estruturais do cómic (as viñetas e as páxinas) pero que tamén sabemos en silencio ó non presenciar elementos textuais habituais.
Dana Díaz - Sen título. Serie Frankenstein, 2014. Preocupada pola interrelación entre arte e deseño no seu traballo, Dana fala aquí ade- mais dunha comunidade feita de individualidades. As cadeiras que Dana recupera para a súa peza, tratan conceptos como a soidade e a indiferencia ou a memoria.
Xoán Anleo - Forma Temporal, 2006. O vídeo de Xoán Anleo rexistra varias sesións de ensaios no Conservatorio Superior de Música de Vigo, concretamente os momentos nos que os músicos afinan os instrumen- tos ou a voz. Xoan consegue deste xeito a posta en valor destas situacións (nas que o son é case un son ambiente do lugar) como obras musicais ou de performance con vida propia máis aló da composición musical que virá despois. En palabras do artista: “Preséntase unha narración na que se unen a imaxe e o son. Esíxese un esforzo para escoitar coa mirada, para percibir as canles auditivas e visuais cos seus entrecruzamentos”.
Deste xeito o proxecto trata as posibilidades expresivas do silencio e súas diferentes concepcións dende a obra de arte. Tendo como referencia clave a obra 4 ́33 ́ ́ de John Cage, partimos da imposibilidade do silencio absoluto e exploramos como este xera difer- entes resultados a raíz da súa inclusión na obra, engadindo matices ó significado, favoren- cendo a intención desta ou multiplicando as súas posibles interpretacións.
Exposición. 19 nov de 2024 - 02 mar de 2025 / Museo Nacional del Prado / Madrid, España
Formación. 23 nov de 2024 - 29 nov de 2024 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España