Inicio » Agenda de Arte

Xisela Franco. Interior, exterior, durante

Exposición / MARCO - Museo de Arte Contemporánea de Vigo / Príncipe, 54 / Vigo, Pontevedra, España
Ver mapa


Cuándo:
23 sep de 2016 - 08 ene de 2017

Inauguración:
23 sep de 2016

Comisariada por:
Chus Martínez Dominguez

Organizada por:
MARCO - Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Artistas participantes:
Xisela Franco

       



Documentos relacionados
pdf Nota de prensa

Descripción de la Exposición

Tomando como punto de partida as circunstancias e realidades que se producen na interacción entre as artistas e o sistema da arte, este ciclo expositivo achéganos o traballo de cinco creadoras de distintas xeracións procedentes das artes visuais, a arquitectura e o audiovisual, que tecen relatos e accións particulares arredor da representación, a identidade, a política e o territorio. A cineasta Xisela Franco (Vigo, 1978) pertence á nova xeración de creadoras que experimentan libre, diversa e sen prexuízos as metamorfoses do cinema, indagando na intersección cinema-arte contemporánea, investigando e desenvolvendo as problemáticas derivadas dos limes espaciais e conceptuais do cine expositivo. Nesta a súa primeira exposición individual, convida ao público do museo a ser espectador de cine, a contemplar o tempo desde a temporalidade propia. O proxecto Interior, exterior, durante traballa coa manipulación do tempo para chegar a unha xeografía sonora expectante, que atrapa no que sucede, na converxencia de imaxe gravada e duración experimentada. A exposición está articulada por unha proxección en tríptico de oito horas de duración, con planos de cámara estática sobre unha paisaxe costeira; o poder sublime e limítrofe, simbólico e infindo, do mar, elemento presente en moitas das súas obras directa ou indirectamente. Este é un proxecto fundamental na busca emprendida por Xisela Franco para situarse nas marxes dos procesos creativos e expositivos que acompañan ao cinema e á arte, a través dunha cuestión tan complexa como é o tratamento e representación do tempo. Enmarcada nas reflexións do nacemento da súa filla, na evolución da súa aprendizaxe, este intervalo é o adecuado para sorprendernos na fascinación que esperta o que temos máis próximo. Unha viaxe emocional e poética a través de interferencias persoais e creativas, que documentan simultaneamente a contorna interior e exterior da artista: modos de estar no mundo, de observalo, documentalo e interpretalo. Tempo, lugar e acción na problemática da vida.


Imágenes de la Exposición
Xisela Franco

Entrada actualizada el el 23 sep de 2016

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?
Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla.
ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.
Recomendaciones ARTEINFORMADO

Premio. 17 sep de 2024 - 27 ene de 2025 / España

VII Puchi Award

Ver premios propuestos en España

Exposición. 13 dic de 2024 - 04 may de 2025 / CAAC - Centro Andaluz de Arte Contemporáneo / Sevilla, España

Pepa Caballero. Constelaciones abstractas

Ver exposiciones propuestas en España

Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España

Máster PHotoESPAÑA en Fotografía 2024-2025

Ver cursos propuestos en España