Descripción de la Exposición
A undécima convocatoria do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas achega á sala Isaac Díaz Pardo as obras que un xurado experto vén de seleccionar de entre os 109 propostas presentadas. É sempre entusiasta a participación e de interese os proxectos recibidos, dos que se teñen seleccionado 35:
Aitor-Víctor, Amine Asselman, Pablo Barreiro, Daniel Berges Visanzay, Rut Briones & Raquel Durán, Teresa Búa, Samuel Castro, David Catá, Charlito, Marcos Covela, Marcos Covelo, Roi Domínguez, Iago Eireos Franco, Yatir Fernández, Basilisa Fiestras, Sara Fuentes, María Gar, Julia Huete, Tatiana Lameiro, Rebeca Lar, Joan Morera, Sol Mussa, Myrce, Marta Pereira Fernández, Ana Pérez Ventura, Lara Pintos, Sabela Porto, Mar Ramón Soriano, Brais Rodríguez, José Andrés Santiago, Borja Santomé, Carla Souto, Dennise Vacarello, Diego Vites e Ariadna Yánez.
Outórganse os seguintes premios:
- Un premio premio de 6.000 € a Julia Huete (Ourense, 1990) pola obra Thérèse soñando. Thérèse soñando é o título dunha obra de Balthus na que aparece retratada, do mesmo xeito que noutras das súas pinturas, unha moza adolescente ensimesmada que como todas e todos os adolescentes empeza a entenderse a si mesma como individuo.
- Un segundo premio de 3.000 € a Marcos Covelo (Vigo, 1985) pola obra Respiro hierro. A obra está inspirada na novela de David Foster Wallace “La broma infinita”. As imaxes contidas na instalación mostran unha sociedade distópica na que, entre moitas outras cousas, se presenta como unha deriva constante cara a unha aparente autodestrución de identidade.
- Un terceiro premio de 2.000 € a Roi Domínguez (O Barco de Valdeorras, 1989) pola obra Estudo para galiñeiro. A principios do século XX, Vladimir Tatlin, un dos referentes do construtivismo ruso deseñou a torre Tatlin (monumento á Terceira Internacional) un edificio que nunca chegou a ser construído, materializándose só en forma de maqueta. A instalación que se presenta parte desta premisa,
Artistas galegas / os ou residentes en Galicia, menores de corenta anos que presentan propostas variadas, que percorren todas as disciplinas artísticas e onde se enfrontan a traballos de investigación que dan como resultado pezas de moi diferente perfil: a identidade, o territorio, a arte urbana, os milenials, a inocencia, a fraxilidade, a enfermidade, a música, a historia, o mercado, a economía, a precariedade, a inmigración, o íntimo, os selfies, a mirada, as fronteiras, os medios de comunicación, a paisaxe, a ecoloxía, a emigración, a mitoloxía, o entorno doméstico, a narrativa, o fanzine, a dependencia emocional, o equilibrio, a desmaterialización da pintura ou a consciencia lingüística son algúns dos temas.
Un premio que pretende recoñecer e apoiar o talento e dar a coñecer a creación contemporánea en Galicia.
Exposición. 11 jul de 2019 - 13 oct de 2019 / Auditorio de Galicia - Zona C / Santiago de Compostela, A Coruña, España
Exposición. 13 dic de 2024 - 04 may de 2025 / CAAC - Centro Andaluz de Arte Contemporáneo / Sevilla, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España