Descripción de la Exposición
Hai agora 25 anos que Proxecto Home comezou o seu camiño co programa asistencial xeral de rehabilitación e reinserción de persoas adictas. Cun empeño esencialmente humanista de abordaxe terapéutica integral e individualizada, aquel labor inicial agrandou os seus anhelos grazas á suma de moitos esforzos, tanto institucionais como privados: Fundación Monte do Gozo, asociación de familias e amigos, voluntariado e a un colectivo profesional multidisciplinar e, tamén, á solidariedade, ese desprendido diván social, que sempre está cando se lle require.
Conmemorando este aniversario, as salas do Museo do Pobo Galego convértense por uns días en ágora de encontro entre Proxecto Home e o mundo da arte. Nesta plural intervención expositiva, de estilos, técnicas e soportes ben distintos, rexe por parte dos artistas o único compromiso da empatía. Ao redor de cen creadores danse cita para, cunha gran xenerosidade participativa, poñer o seu gran de area na memoria biográfica daquela empresa que con amplitude de miras naceu un día de 1990 co fin primordial de axudar a quen o necesita.
Exposición. 09 ene de 2025 - 14 feb de 2025 / Galeria Leandro Navarro / Madrid, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España