Descripción de la Exposición
IDENTIDADES, AS ARTES PARA A INCLUSIÓN SOCIAL é una experiencia sociocultural iniciada en 2018, promovida polo Museo de Belas Artes e a Asociación de Amigos do Museo, e co patrocinio da Deputación Provincial da Coruña
Destinado a colectivos en situación de vulnerabilidade por atoparse desprazados dos seus lugares de orixe (xa sexa por razóns políticas ou económicas), por ser vítimas de malos tratos ou violencia de xénero, ou por verse en situación de dificultade ou illamento social, o proxecto pretende facer unha reflexión e tomar conciencia das raíces e da identidade propia en todas as súas variantes: cultural, xeográfica, emocional e persoal, tanto individual como colectiva.
Consiste na realización dunha serie de obradoiros de artes plásticas impartidos por artistas da cidade, nos que traballan diferentes técnicas (debuxo, escultura, colaxe, gravado, pintura, etc) e xéneros artísticos para representar diversas formas de asumir a identidade persoal: xa sexa a través da súa imaxe e a do seu grupo (o autorretrato, tanto individual como colectivo), da súa contorna e do seu espazo (a paisaxe e os interiores) dos seu obxectos emotivos ou simbólicos (o bodegón), dos episodios do seu pasado e presente (o relato e a ilustración) e das emocións que todos estes elementos lles provocan (a abstracción e o uso expresivo dos trazos e as cores)
Artistas e colectivos participantes na VI edición:
Historias do cotián
Ecodesarrollo Gaia
Vero Novoa. Colaxe e bordado
Paisaxe interior
Centro Ocupacional Pascual Veiga
Julia Abalde. Acuarela líquida e pastel
Mapa e territorio
Amigonianos
Tatiana Medal. Técnica mixta
O autorretrato
Cruz Vermella. Programas Muller en risco e Migrantes
Faura Balsa. Modelado de barro
O obxecto identitario
Fundación Juan Soñador
Mico Rabuñal. Taia de poliespan
Vestir a identidade
Hogar de Santa Lucía
Iria do Castelo. Linogravado
O espazo privado
ACCEM
Lara Pintos. Acrílico sobre táboa
Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España