Descripción de la Exposición
Unha colección privada que non é grandilocuente nin extravagante, que non bascula ao redor dunha única temática concreta e que permaneceu inédita ata o de agora. A súa condición discreta é directamente proporcional ao seu nivel de esixencia e complexidade, sendo capaz de contar demasiado sen deixar de contar demasiado pouco.
Tentar abarcar nunha exposición unha colección particular é tarefa imposible, aínda que si podemos aprehender algúns dos seus relatos: os que nos falan de conceptos; os que nos abocan ao misterio dos obxectos; as paisaxes que son tantas e tan ricas en matices como queiramos proxectar; os que nos mergullan en valores abstractos; ou os que nos conducen ao universo do outro. Todo cabe no mundo calidoscópico dunha colección privada, máxime cando é produto de dúas miradas atentas.
Artistas: Alberto García Alix, Allen Ruppersberg, Ana Jotta, Anthea Hamilton, Berta Cáccamo, Carmen Calvo, Christian García Bello, Cristina Garrido, Dora García, Eulalia Valldosera, Francesca Woodman, Helena Almeida, Hilla Kurki, Ignasi Aballí, Jacobo Castellano, João Louro, José Pedro Croft, Julião Sarmento, Lawrence Weiner, Lucio Muñoz, Malick Sibide, Marlena Kudlicka, Matt Mullican, Melik Ohanian, Merlin Carpenter, Nan Goldin, Nobuyoshi Araki, Pamen Pereira, Paul Graham, Phil Collins, Robert Mapplethorpe, Rosana Antolí, Rui Valerio, Soledad Sevilla, Sophie Calle, Stan Douglas, Vítor Mejuto, Vivian Maier.
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España