Descripción de la Exposición
“Máis alá do mar. Imos cara aquel punto no horizonte que se divisa dende os cantís batidos pola marea… E sempre me preguntas:
Qué singnifica?”
Ultramarina explora os camiños da pintura dende a narrativa. Cóntanos como é navegar nun mundo onde as imaxes tradicionais son fragmentadas e as palabras se deforman dixitalmente. As presións cambiantes debúxanse en mapas isóbáricos pintados á man e gárdanse en latas de conserva; planos visuais que falan da metereoloxía futura, dos rumbos, da dirección do vento, da forza das mareas ou das pedras que non aparecen nos radares.
Novenoel desprega na galería La doce un universo marítimo; o contexto no que se desenvolve unha historia gráfica pintada coa linguaxe acrílica da verdade, esa que transforma os muros da rúa en xanelas con vistas ao mar. Os bosquexos preliminares do proceso creativo evolucionan dende acuarelas rápidas e lixeiras cara unha pintura plástica sobre lenzos intervidos de forma máis densa e precisa, onde a textura, o trazo e o encadre asumen un papel fundamental.
No remate, unha instalación coa vela dun barco como soporte pictórico actúa coma un final aberto e ondeante. As boias gardan as mensaxes precisas para non afundirse nunha travesía que só acaba de comezar, se eres quen de percorrela.
Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España