Inicio » Agenda de Arte

Space is our territory. Apprentice Master

Exposición / Sala X - Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra / Facultade de Belas Artes. Rúa Maestranza, 2 / Pontevedra, España
Ver mapa


Cuándo:
28 abr de 2016 - 15 may de 2016

Inauguración:
28 abr de 2016

Comisariada por:
Carlos Tejo

Organizada por:
Sala X - Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra

       


Descripción de la Exposición

Apprentice Master Project reuniu en setembro de 2015 na cidade de Tilburg (Holanda) a 19 facultades de arte europeas e unha chinesa. As universidades participantes foron as de Maastricht, Nottingham, Prague AAAD, Brussels, Utrecht, Limerick, Hasselt, Prague FAMU, Amsterdam, Ghent, Rotterdam, Enschede, Tilburg, Dublin, Budapest, Vigo, Ljublijana, Kaunas e Xiamen. Cada unha destas facultades seleccionou, entre o seu alumnado de último curso de grao, de master ou de doutoramento, un grupo de estudantes que ao longo deste ano están participando nas distintas exposicións que teñen lugar nas diferentes sedes asociadas ao proxecto. A Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo seleccionou os traballos de Alba Blanco Boga, José Manuel Vidal, Yolanda Ríos, Román Corbato, María Prada, Marta Bran e Rita Rodríguez. Estes artistas mostraron a súa obra en cidades como Rotterdam, Tilburg, Limerick ou Amsterdam. O obxectivo principal deste encontro é facilitar o intercambio cultural entre as institucións e artistas participantes así como crear unha rede de exposicións en diferentes cidades europeas. En cada sede participante do proxecto desígnase unMáster que actuará como comisario da exposición. Na Facultade de Belas Artes da Universidad de Vigo o máster foi o profesor Carlos Tejo, que comisariou a exposición que se inaugura na Sala X. As artistas participantes son: Kolbrun Inga Soring (Utrecht), Annahita Asgari (Amsterdam), Vanja Erjavec (Ljubljana), Loe van Klaveren (Rotterdam) e Tina Grifoni (Brussels). A exposición leva por título: "Space is our territory" e toma como punto de partida unha definición de espazo amplo e indefinido onde, aparentemente, as fronteiras desaparecen dando paso á construción de identidades heteroxéneas e mutantes. A maioría das pezas aquí presentadas derivan do proceso de traballo desenvolvido polas artistas trala súa chegada a Pontevedra. Sen dúbida, nas súas obras poderemos detectar un gusto pola contaminación cultural que nos invitará a repensar o noso propio territorio, a nosa persoal maneira de estar no mundo.


Imágenes de la Exposición
Kolbrún Inga Söring, I get it from my father, 2016

Entrada actualizada el el 26 abr de 2016

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?
Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla.
ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.
Recomendaciones ARTEINFORMADO

Premio. 17 sep de 2024 - 27 ene de 2025 / España

VII Puchi Award

Ver premios propuestos en España

Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España

Reflejos. Picasso/Koons en la Alhambra

Ver exposiciones propuestas en España

Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España

Máster PHotoESPAÑA en Fotografía 2024-2025

Ver cursos propuestos en España