Inicio » Agenda de Arte

Sons improbábeis

Exposición / Auditorio de Galicia - Sala Isaac Díaz Pardo / Avda. Burgo das Nacions, s/n / Santiago de Compostela, A Coruña, España
Ver mapa


Cuándo:
28 jun de 2022 - 16 oct de 2022

Inauguración:
28 jun de 2022 / 20:00

Organizada por:
Auditorio de Galicia

Artistas participantes:
Alejandra Pombo Su, Amine Asselman, Ana Gesto, Ana Perez Ventura, Benxamín Otero, Gonzalo Elvira, Juan López Pérez - Juan López, Julia Llerena, Luisa Pastor, Macarena Montesinos, Misha Bies Golas, Susan Philipsz, Vasco Araújo, Vítor Mejuto, Xoán Anleo

ENLACES OFICIALES
Web 

       


Descripción de la Exposición

"Sons improbábeis" explora as diferentes dimensións do son dentro das artes visuais. Dunha parte, trátase de recoller diferentes mostras da chamada arte sonora, expresión cada vez máis presente dentro do traballo dos artistas contemporáneos, ao tempo que busca tamén adentrarse na investigación da presenza do son e do musical como parte integrante ou como tema de obras executadas dende a combinación de medios. Así, linguaxes como o audiovisual ou a instalación, que integran o son como parte fundamental dos seus desenvolvementos. Por outra banda Sons improbábeis tamén quere visitar obras de artistas que traballan co musical como tema dende disciplinas máis tradicionais da práctica artística como a pintura ou a escultura. Para trazar a estrutura deste exposición, considéranse tres eixos temáticos: un primeiro relativo á arte sonora, no que se integran traballos de artistas que parten do son como materia prima esencial dende a que construír a obra; un segundo eixo adicado á relación da obra artística co universo da chamada música culta nos seus desenvolvementos clásicos e contemporáneos, así como na relación cos seus espazos de escoita ou os seus sistemas de notación; por último, unha parte da mostra estará adicada á relación establecida entre a arte visual e a música pop e todo o universo de imaxinería que rodea a estas prácticas musicais na actualidade. "Sons improbábeis" non pretende ser unha exposición de tese senón máis ben, unha experiencia inmersiva para o espectador, que irá descubrindo no seu percorrido, a multiplicidade e riqueza de propostas artísticas nas que o son é protagonista fundamental. A mostra busca a implicación do público a través da creación de diferentes espazos expositivos, instalacións e recursos sonoros que xeraran un percorrido rico en matices e experiencias ante a obra. "Sons improbábeis" quere seguir, dende outra perspectiva, coa liña de traballo aberta coa exposición Mirar o son. Notación gráfica na música contemporánea (Auditorio de Galicia, setembro -novembro 2020) de achegamento á linguaxe musical para un espazo tan senlleiro como o Auditorio de Galicia no que á relación entre música e artes visuais se refire. Mirar o son foi comisariada por Ignacio Barcia e Iñaki Martínez Antelo, Na exposición mostranse traballos de Xoán Anleo (Marín, 1960), Vasco Araújo (Lisboa, 1975), Amine Asselman (Toulouse, 1989), Misha Bies Golas / Benxamín Otero (Lalín, 1977 e 1979), Gonzalo Elvira (Patagonia, Argentina, 1971), Ana Gesto (Santiago de Compostela, 1978), Juan López (Ferrol, 1973), Julia Llerena (Sevilla, 1985), Vítor Mejuto (Barcelona, 1969), Macarena Montesinos (Vigo, 1982), Luisa Pastor (Alicante, 1977), Ana Pérez Ventura (Santiago de Compostela, 1981), Alejandra Pombo Su (Santiago de Compostela, 1979) e Susan Philipsz (Glasgow, 1965). Iñaki Martínez Antelo, comisario


Entrada actualizada el el 28 jun de 2022

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?
Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla.
ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.
Recomendaciones ARTEINFORMADO

Premio. 17 sep de 2024 - 27 ene de 2025 / España

VII Puchi Award

Ver premios propuestos en España

Exposición. 13 dic de 2024 - 04 may de 2025 / CAAC - Centro Andaluz de Arte Contemporáneo / Sevilla, España

Pepa Caballero. Constelaciones abstractas

Ver exposiciones propuestas en España

Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España

Máster PHotoESPAÑA en Fotografía 2024-2025

Ver cursos propuestos en España