Inicio » Agenda de Arte

Siro. Retrospectiva, 1970-2017

Exposición / Museo Provincial de Lugo / Praza da Soidade, s/n / Lugo, España
Ver mapa


Cuándo:
25 sep de 2017 - 05 nov de 2017

Inauguración:
25 sep de 2017 / 20:00

Horario:
Luns a venres: 9:00 a 21:00 h. Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h. Domingos e festivos: 11 a 14 h.

Precio:
Entrada gratuita

Organizada por:
Museo Provincial de Lugo

Artistas participantes:
Siro López Gutiérrez - Siro

ENLACES OFICIALES
Web 
Etiquetas
Ilustracion  Ilustracion en Lugo  Pintura  Pintura en Lugo 

       


Descripción de la Exposición

SIRO LÓPEZ LORENZO, nado en Ferrol en 1943, é un polifacético artista cunha actividade que abrangue a caricatura, a ilustración, a pintura e o deseño, ademais da súa faceta como escritor. De formación autodidacta (de cativo, pintar e debuxar era o que máis lle gustaba facer) dáse a coñecer, en 1970, na revista Chan, da man de Borobó. Neste mesmo ano, por iniciativa de Xaime López e apadriñado por Miguel González, fai a súa primeira exposición no antigo local de “Toxos e Froles” de Ferrol, mostra que tivo un enorme éxito. Herdeiro de Castelao, pero creador dun estilo propio, Siro é, ante todo, un humorista gráfico. Un humorista que, ao longo de case 50 anos, soubo reflectir de forma cómica a realidade histórica, social e cultural de Galicia e de España. A través das súas colaboracións diarias na prensa, sobre todo no xornal La Voz de Galicia, Siro foi desvelando en clave de humor o acontecer diario da vida política española a través dos seus debuxos, debuxos caracterizados tamén polo seu valor artístico. Neste aspecto, cómpre destacar a súa serie sobre a transición política, imaxes que aínda hoxe constitúen unha historia gráfica deste período da nosa historia recente. Pero Siro non se limitou á caricatura e ao humorismo gráfico, senón que, como bo artista que é, foi ampliando os seus horizontes artísticos para incluír a paisaxe e o retrato e, máis recentemente, o debuxo con Ipad. Ademais, xunto con Xaquín Marín impulsou un manifesto en defensa do humor, do que naceu a idea do que hoxe é o Museo do Humor de Fene. Autor dunha extensa obra gráfica, destacan os seus álbums: Os pecados capitais; 18 espidos de muller; Xente na brétema; In saecula saecularem, amen; Probes homes, Debuxos de humor, Cofrades do Cristo da Autonomía, A Autonomía galega nas caricaturas de Siro, etc. Esta mostra que agora se presenta, constitúe a primeira retrospectiva que se fai deste artista. Nela amósase unha ampla escolma da súa extensa obra, mostra que se estrutura atendendo ás diferentes facetas artísticas nas que traballou: debuxo, deseño (foi o autor do proxecto da praza do Humor da Coruña), pintura, caricatura, etc., sen esquecer a súa actividade como escritor, eido no que cultivou xéneros como a narrativa, o teatro e, sobre todo, o ensaio, campo no que destacan os seus traballos Castelao humorista e Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo. [Fernando Arribas Arias]


Entrada actualizada el el 22 sep de 2017

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?
Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla.
ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.
Recomendaciones ARTEINFORMADO

Premio. 17 sep de 2024 - 27 feb de 2025 / España

VII Puchi Award

Ver premios propuestos en España

Exposición. 09 ene de 2025 - 22 feb de 2025 / Galería Freijo / Madrid, España

ADN del Arte

Ver exposiciones propuestas en España

Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España

Máster PHotoESPAÑA en Fotografía 2024-2025

Ver cursos propuestos en España