Descripción de la Exposición
O próximo sábado 5 de maio o artista portugués João Louro (Lisboa, 1963) inaugura a exposición Silence Will Save Us, un conxunto de traballos inéditos que o artista realizou ex profeso para esta mostra na Fundación DIDAC.
O mesmo día, ás 21 horas, o chef Marco Gomes do restaurante Oficina de Oporto elaborará un menú degustación no restaurante A Tafona de Lucía Freitas, experiencia gastronómica que será servida cunha exquisita selección de viños portugueses. Facendo eco dos "jantares temáticos" aos que xa nos teñen acostumados na Oficina, nos que personalidades ligadas á cultura son convidadas a falar da súa paixón pola comida, será o artista João Louro o que nos acompañará esta noite. Esta experiencia única será limitada a tan só 40 prazas polo que é necesario facer a reserva na web de DIDAC.
Nas obras de Silence Will Save Us, a música vólvese protagonista dalgúns dos seus Blind Walls convertidos nesta ocasión en Blind Music. Sentir unha sinfonía de Haydn ou unha peza de piano de Schönberg resoar nas nosas cabezas a través dunha mínima lectura do seu título sobre un fondo negro, preséntase como unha posibilidade para aqueles coñecedores da historia da música. Xunto ás Blind Music, Louro tráenos os Score, apropiacións da imaxe de portada de vellas partituras da casa da música alemá Edition Peters, fundada a principios do século XIX polo compositor Franz Anton Hoffmeister e o organista Ambrosius Kühnel en Leipzig e que contaría no seu catálogo con obras de Schönberg, Ligeti ou Debussy entre outros autores. Para completar, a imaxe da partitura do famoso Yesterday de The Beatles ou da Aquarela do Brasil de Ary Barroso dan vida a unha exposición na que o poder da imaxe, a recorrencia á linguaxe musical e a súa presenza clara a través da enunciación da palabra ou da imaxe da partitura musical, lévannos a introducirnos no universo de João Louro.
Actualidad, 31 may de 2018
#loquehayquever en Portugal: arte subversivo en el Serralves
Por Paula Alonso Poza
João Ribas, director del Serralves, está al frente de una muestra que reúne obras de más de medio centenar de artistas e introduce en el museo el desafío más irreverente y reivindicativo. ...
Actualidad, 04 may de 2018
#loquehayquever en España: retrospectivas de Monika Buch, Rose Wylie y João Louro
Por Paula Alonso Poza
La Fundación Chirivella Soriano homenajea a Monika Buch, única artista española de la escuela HfG, con una retrospectiva a la que acompaña otra muestra vigente en la galería Pep Llabrés.
Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España