Descripción de la Exposición
A Cidade da Cultura organizará na Biblioteca e Arquivo de Galicia a exposición Rostros do país, un traballo do fotógrafo Xurxo Lobato que presentará un 'retrato colectivo' de Galicia a través de 70 fotografías de gran formato especialmente realizadas para este proxecto. Na escolma aparecerán persoeiros recoñecidos e cidadáns anónimos que representan eidos clave de Galicia.
Rostros do país, que se inaugurará o 15 de xullo e estará aberta ata o 18 de setembro, enmárcase na serie de traballos de fotodocumentalismo, como 'Galegos na escaleira', levados a cabo por Xurxo Lobato. "Trátase de coñecer e divulgar unha escolla de personaxes de Galicia como un modo de alimentar a autoestima colectiva e ter unha imaxe de nós mesmos como comunidades con potencia e talento", explica o autor.
A exposición contará cunha instalación complementaria, un mapa de Galicia como un mosaico de pequenos retratos. Deste xeito, ábrese un proceso participativo convidando a todos os interesados a enviar a súa fotografía ao enderezo electrónico fotos@rostrosdopais.gal.
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España