Descripción de la Exposición
"O que fago é aproveitar os materiais... é cuestión de ir desbastando e quedar co esencial... isto é a arquitectura popular, sempre foi así. Ir baleirando o monte de pedras e ir facendo o muro e a casa, deixando o terreo cultivable. É interesante a distancia que queda entre unha pedra e outra, pois debuxa unha sombra.
Traballo ca pedra por necesidade. Eu quería facelo con mármore ou bronce, os considerados materiais nobres, pero foi a realidade a que me puxo diante o granito: a Catedral de Santiago, as pontes romanas. Pensei: ¿por qué non darlle o mesmo amor á pedra que ao mármore?. Co tempo, ese agarimo resultou moi agradecido.
Sempre procuro que unha obra teña distintas temperaturas. E iso é igual nunha peza grande que nunha pequena. Nos últimos tempos quítolle os ángulos radicais as esculturas, uso as curvas e os pulidos finais para potenciar os reflexos da luz. Así, teñen textura de espello ou de lámina de auga pero conservan sempre a súa pel de rocha.
Reflexos na auga é unha exposición que foi pensada para intervir nos panos de parede da galería. As obras teñen carácter de relevo clásico e os seus xogos coa luz levanos ao mar ou a o ceo. "
Manolo Paz. (extractos de diferentes entrevistas)
Exposición. 19 nov de 2024 - 02 mar de 2025 / Museo Nacional del Prado / Madrid, España
Formación. 23 nov de 2024 - 29 nov de 2024 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España