Descripción de la Exposición
Ramón Sánchez Estalote foi un deses fotógrafos ambulantes aos que non lle gustaba o estatismo da fotestudo, detestaba a insistencia dos mesmos fondos nos retratos e as mesmas poses. Necesitaba o balbordo das aglomeracións nas festas, o axitado ambiente dunha mañá de feira ou o simple paso das nubes. Perseguía sempre un continuo cambio de escenario para as súas tomas.
Coa súa cámara Leica ao ombro, Estalote deambulou durante máis de seis décadas por Compostela, e cando a cidade de nacemento lle quedaba pequena trasladábase ata Os Cantóns da Coruña ou ao barrio do Berbés en Vigo.
Sánchez Estalote era unha persoa introvertida, un dandi vestido de xeito impecable con traxe escuro e uns lentes de alta graduación. Existen mou poucos datos sobre a súa biografía, aínda que era moi coñecido en Santiago. É a súa profesión a que nos achega as pegadas vitais necesarias para reconstruír a figura deste profesional que entra a traballar no compostelán negocio de Fotos Gamallo, situado na rúa das Orfas, aos catorce anos e mantense activo ata preto xa de cumprir os noventa.
A través das súas imaxes é posible seguir o rastro dun sumario histórico que se inicia nos anos vinte, cando realiza os seus primeiros encargos, retratos colectivos de escolas e vistas da catedral. Despois da paréntese da Guerra Civil, xa na década dos corenta, retoma o seu labor, retratando diversos personaxes da xerarquía política e relixiosa, retratos que serán nesa época, xunto aos desfiles militares e as procesións, algúns dos seus pretextos máis habituais.
Pero o fotógrafo onde realmente levantou acta da memoria do seu tempo foi na variada representación do cotián. O seu arquivo consta de centos de negativos e fotografías, moitos dos cales foron utilizados como postais para os turistas, pero nas que non figuraba o nome do autor, silenciado porque, entón, o traballo do fotógrafo considerábase só un oficio e non unha actividade artística.
Exposición. 09 ene de 2025 - 14 feb de 2025 / Galeria Leandro Navarro / Madrid, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España