Descripción de la Exposición
Propios e alleos é un xogo expositivo, un diálogo, no que un artista propio da cidade de Ferrol, invita a un artista alleo a expoñer a súa beira artellando así o espazo do centro Torrente Ballester en dúas exposicións que diverxen no plano da linguaxe artística pero que converxen nun proxecto común de invitación e relación. Propios e alleos articúlase a partir da invitación do artista ferrolán Eduardo Hermida para expoñer ao seu carón ao tamén ferrolán pero afastado de Ferrol durante case toda a súa carreira artística, Luis Rapela. Ambos conciben así dúas exposicións individuais dentro do marco único do Centro Torrente Ballester, partillando espazo e deixando ver todo o seu potencial creativo.
Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España