Descripción de la Exposición
Prontuario.
En tempos escuros post-oscuridade, onde a arte e a liberdade de expresión encóntranse proscritas, perseguidas e reprimidas cando confrontan có sistema que tan só busca o triunfo do individualismo e a falaz meritocracia, combatelo conértese en obriga.
Esta mostra é un prontuario que percorre parte da prolífica obra figurativa de Vanessa Somoza. Na mesma podemos desfrutar dunha mensaxe de futuro, se cadra esperanzador, pero tamén nos alerta de posibles delitos e carencias que se volven cada vez mais explícitos nesta sociedade.
Encontrámonos entón ante a gráfica representación do maltrato sufrido polas clases populares, un retrato da sociedade mercantilizada e das súas nefastas consecuencias. As súas fortes pinceladas e os seus marcadas contrastes son un berro de esperanza para as clases mais vulneradas, os emigrantes, as mulleres, os nenos e os sen voz.
Vanessa é unha artista cunha profunda sensibilidade reivindicativa, porque o arte debe ser social e a cultura debe ser testemuña do vivido.
Poderedes coñecela no estudio artístico Mil Cores na Ronda das Fontiñas, onde tódalas tardes imparte clases artísticas para todas as idades.
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España