Descripción del Premio
Los ganadores han sido Natalia Umpiérrez con la escultura "Lo merecido", Noela Covelo con la performance audiovisual "My statement", Blanca Nieves Lourés con la pintura "Ternura", y Lois Búa con un vídeo titulado "Synth-Bios-sobreinformación-".
Así lo decidió el jurado después de valorar las 99 propuestas presentadas.
El jurado seleccionó otras 22 piezas que se mostrarán en la exposición Novos Valores 2018. La muestra abrirá al público el próximo 2 de agosto en el Edificio Sarmiento del Museo de Pontevedra, donde se podrán admirar seis piezas escultóricas, cinco de fotografía, cuatro de dibujo, tres respectivamente de pintura, vídeo y otro tipo de creaciones, así como dos grabados.
________________
BASES DO CERTAME DE ARTES PLÁSTICAS NOVOS VALORES 2018
O deputado delegado da área de Cultura e Lingua desta Deputación, mediante resolución presidencial núm. 2018005613, de 26 de marzo de 2018, aprobou as seguintes bases:
BASES DO CERTAME DE ARTES PLÁSTICAS NOVOS VALORES 2018
A promoción de actividades culturais, en xeral, e a das manifestacións artísticas, en particular, é un dos trazos que máis e mellor significan a Deputación de Pontevedra ao longo da súa historia. Un dos fitos máis destacados deste labor de patrocinio é a concesión de axudas a creadoras e creadores noveis, documentadas xa na segunda metade do século XIX, desenvolvidas con criterios e formatos moi diversos ao longo do século XX e con continuidade e vixencia plena na actualidade.
Amparada nestes sólidos fundamentos, a Deputación de Pontevedra convoca o Certame de Artes Plásticas Novos Valores 2018, que se rexerá polas seguintes
BASES
Primeira
Poderán participar neste certame todas e todos os artistas, sen límite de idade, de todas as modalidades: pintura, escultura, debuxo, deseño, gravado, fotografía, cerámica e vídeo creación, entre outras; susceptibles de seren consideradas e considerados novos valores, naturais ou residentes en Galicia, neste caso terán que o acreditar documentalmente, pois de non o facer quedarían excluídos da convocatoria. Quedan así mesmo excluídas as persoas xa premiadas pola institución nalgunha edición anterior deste ou doutro certame.
Segunda
As obras que se presenten serán orixinais e non se admitirán as xa expostas noutras mostras, individuais ou colectivas, ou que figurasen noutros concursos. Só se aceptará unha obra por artista en cada especialidade, cun peso que non poderá superar os 500 kg e cunha dimensión máxima de 2 m. As obras presentaranse de forma que permitan a súa exposición directa, sen necesidade de manipulación ou posteriores e complexas instalacións. Os debuxos, as pinturas e as fotografías irán sobre un soporte ríxido e sen cristal.
No apartado de audiovisuais admitiranse unicamente obras en soporte CD ou DVD cuxa proxección non pode exceder os cinco minutos. Os traballos seleccionados neste ámbito exhibiranse mediante unha proxección continua de todas as obras desde un reprodutor de DVD a un monitor. Se algún autor ou autora desexase outro tipo de proxección deberá proporcionar, tanto para a selección do xurado coma para a súa exhibición, os aparellos técnicos necesarios para poder efectuala, sempre adaptados ao lugar no que se presente a obra.
Terceira
As obras entregaranse entre o 5 e o 15 de xuño do 2018 (ambas as datas incluídas), de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, situado na rúa Padre Amoedo Carballo, número 3, c. p. 36002, Pontevedra; ben persoalmente, ben a través dun medio de transporte que garanta a súa entrega. As e os artistas entregarán nun sobre pechado, xunto coa obra, unha fotocopia do seu DNI ou NIE, un CD cunha imaxe dixital en cor da obra cunha resolución suficiente para a súa reprodución, a documentación complementaria citada na base primeira, se fose precisa, e o boletín de inscrición con todos os campos debidamente cubertos (dispoñible no Servizo de Cultura e Lingua da Deputación e no Museo de Pontevedra, tamén se pode descargar desde a web da Deputación). No momento da entrega daráselles ás persoas concursantes un recibo de recepción da obra, cuxa presentación será imprescindible para retirala posteriormente.
Cuarta
A Deputación de Pontevedra, como entidade organizadora do certame, custodiará as obras recibidas pero non se responsabilizará de calquera tipo de sinistro que se puidese producir durante o seu transporte, custodia, exposición e devolución. Recoméndase, xa que logo, que as autoras, autores e/ou persoas remitentes subscriban a correspondente póliza de seguro.
Quinta
Os gastos de envío e a devolución das obras, así como a póliza de seguro, de ser o caso, correrán por conta das persoas participantes. A súa retirada, segundo os prazos que se sinalan na base oitava, realizarase prioritariamente de maneira persoal, previa presentación do xustificante. De non facerse deste modo será responsabilidade das persoas interesadas xestionaren directamente a súa devolución.
Sexta
As obras presentadas a este certame serán obxecto dunha primeira selección, coa que se conformará a mostra “Novos Valores 2018”, que estará aberta ao público no Museo de Pontevedra (claustro do Edificio Sarmiento) entre o 2 de agosto e o 16 de setembro.
A Deputación, por outra parte, resérvase tamén a opción de promover posteriormente a exhibición destas obras noutros lugares da provincia, comprometéndose, se así fose finalmente, a lles comunicar esta decisión con antelación ás e aos artistas seleccionados.
Sétima
As obras seleccionadas reproduciranse ben na páxina web do Museo de Pontevedra www.museo.depo.es, ben nun catálogo impreso se se decide editalo como complemento da exposición. En calquera dos casos corresponderalles ás autoras e autores xestionar ou obter os permisos necesarios para esa inserción gráfica.
Oitava
As autoras e autores das obras non seleccionadas deberanas retirar nos cinco días seguintes ao da difusión pública dos acordos do xurado. As obras seleccionadas, de non realizarse unha mostra itinerante, tamén as terán que recoller os seus autores e autoras nos cinco días seguintes ao último no que estivesen expostas, pois de non o faceren entenderase que renuncian á súa propiedade e a institución provincial quedará facultada para tomar as decisións sobre elas que estime oportunas.
Novena
O xurado seleccionador, nomeado pola Presidencia da Deputación, estará composto por:
Presidencia: o deputado delegado da área de Cultura e Lingua
Vogalía: cinco persoas de recoñecido prestixio e unha ou un representante do Servizo de Cultura e Lingua
Secretaría: o titular da Deputación ou o membro do funcionariado en quen delegue
Décima
Este mesmo xurado será o encargado de propoñer, de entre as obras seleccionadas, a adxudicación de catro bolsas, cada unha por un importe de sete mil cincocentos (7.500,00) euros brutos, para que as autoras e autores amplíen os seus estudos artísticos. O importe destas bolsas será con cargo á aplicación 18/330.3340.481.01 do vixente Orzamento provincial.
O xurado, de estimalo oportuno, resérvase a posibilidade de declaralas desertas.
A entrega dos premios realizarase no transcurso dun acto público no lugar e día que se anuncie no seu momento.
Décimo primeira
A concesión da bolsa será obxecto dun convenio entre a persoa adxudicataria e a Deputación de Pontevedra, no que se concretará o seu emprego e o prazo, que non será superior a 1 ano, para materializar a proposta. Aboarase o 50 % do importe no momento de asinar o convenio e o restante 50 % tras a entrega e a aprobación da memoria xustificativa do traballo e do investimento realizados e tamén dunha obra orixinal asinada.
A Deputación de Pontevedra comprométese tamén, como complemento e culminación deste certame, a programar nas instalacións do Museo de Pontevedra, dentro do ano seguinte ao da aprobación da memoria citada, unha exposición con obras das catro persoas premiadas, encomendándolle a súa xestión ao citado Museo.
Décimo segunda
A participación neste certame leva implícita a aceptación plena destas bases. As decisións do xurado seleccionador serán inapelables, quedando este facultado para interpretar e resolver as dúbidas que se puidesen presentar no transcurso das súas deliberacións.
Décimo terceira
Para todo o non establecido nestas bases aplicaranse as de execución do Orzamento provincial e a demais lexislación aplicable.
Premio. 05 jun de 2018 - 15 jun de 2018 / Pontevedra, España
Premio. 05 jun de 2018 - 15 jun de 2018 / Pontevedra, España
Premio. 05 jun de 2018 - 15 jun de 2018 / Pontevedra, España
Ver los 5 eventos relacionados
Exposición. 13 dic de 2024 - 04 may de 2025 / CAAC - Centro Andaluz de Arte Contemporáneo / Sevilla, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España