Descripción de la Exposición
A Galería de Arte Contemporánea José Lorenzo presenta a súa destacada retrospectiva Posdata: París.
Unha translación ata o París máis vangardista.
Miguel Prieto, Olga Sacharoff, Arturo Souto, Tino Grandío… son só algunhas das firmas máis sinaladas presentes na sala de exposicións do Toural.
A arte contemporánea desde a perspectiva máis diversa e polifacética.
Seguindo o ciclo de mostras baseadas na influencia da escola parisiense, desde este mes de agosto, en pleno corazón de Compostela, será posible efectuar unha viaxe ata a primeira metade do século XX, mediante a arte das grandes mestras e mestres que habitaron na capital francesa, en busca do impulso necesario para as súas brillantes creacións.
Grazas a unha exquisita e meticulosa selección de lenzos e efixies, as instalacións situadas na praza do Toural albergan unha ampla recompilación conxugada a través de máis de 30 pezas, pertencentes a virtuosos da talla de Camilo Otero, Olga Sacharoff, Francisco Bores, Victorina Durán, Manuel Colmeiro, Rosario de Velasco, Virxilio Blanco, etc.
Así pois, trátase dunha exhibición cuxo discurso se centra na cidade de París, pero á que lla quixo dotar de transversalidade e heteroxeneidade, co obxectivo de poñer en valor a aqueles artistas, que, independentemente do seu xénero, estilo ou procedencia, fixeron da cidade da luz, a súa fonte de inspiración e ilustración máis fundamental para a súa traxectoria.
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España