Descripción de la Exposición
O artista Christian García Bello inaugura unha exposición individual na Fundación DIDAC o sábado 12.
A artista María Roja realizará unha performance especificamente pensada no contexto da exposición.
A mostra intégrase dentro da programación do festival Plataforma. Festival de artes performativas.
Christian García Bello é un dos artistas novos máis importantes da súa xeración. Habitual de feiras como ARCO coa súa galería Formato Cómodo, realizou exposicións individuais no CGAC e colectivas en Caixaforum, MARCO de Vigo ou o Museo Patio Herreriano. Na súa primeira exposición na Fundación DIDAC propón un relato que nos leva desde Bélxica ata a fronteira de Galicia con Portugal, trenzando cuestións en torno ao territorio, as súas formas, a súa historia e o paso do tempo, empregando unha linguaxe escultórica radicalmente ascética e articulada desde a poética do material.
A exposición de Christian García Bello na Fundación DIDAC titúlase Pongo mi pie desnudo en el umbral e intégrase dentro da programación do festival Plataforma. Festival de artes performativas. A mostra contará cunha performance realizada especificamente pola actriz e artista performativa María Roja no contexto desta exposición. A exposición está comisariada por David Barro e contará cunha publicación que recolle unha selección dos traballos do artista ata hoxe.
O corpo de traballo de Christian García Bello aborda un campo de problemas centrado no individuo, a súa escala corporal, espacial e temporal, e a paisaxe que este transforma, percibe e habita. Este armazón queda atravesado por condicionantes contextuais do territorio como a arquitectura, a historia ou as formas vernáculas. A súa metodoloxía baséase nun proceso subordinado de análise e síntese que, a través da escultura e a obra sobre papel, articula a poética intrínseca do material cunha comprensión do espazo como un relato poetado cuxo ritmo é construído desde a radicalidade do ascetismo compositivo.
A exposición inaugúrase o día 12 de setembro e poderá ser visitada ata o 27 de novembro de 2020.
Na inauguración haberá 4 visitas guiadas polo artista restrinxidas a 20 prazas cada unha (entre 12 e 14h), para as que será necesario rexistrarse previamente no seguinte link
A performance de María Roja realizarase o xoves 17 de setembro en dúas sesións (18h e 19h), cun máximo de 10 persoas cada unha. Para asistir será necesario rexistrarse (https://www.eventbrite.es/e/entradas-plataforma-festival-de-artes-performativas-maria-roja-performance-119456257883?utm_source=sendinblue&utm_campaign=Christian_Garca_Bello_Pongo_mi_pie_desnudo_en_el_umbral&utm_medium=email)
Exposición. 12 sep de 2020 - 27 nov de 2020 / Fundación DIDAC - DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas / Santiago de Compostela, A Coruña, España
Exposición. 17 nov de 2024 - 18 ene de 2025 / The Ryder - Madrid / Madrid, España
Formación. 23 nov de 2024 - 29 nov de 2024 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España