Inicio » Agenda de Arte

Polos pelos i outros sinais

Exposición / Chan da Pólvora / Rúa de San Pedro, 74 / Santiago de Compostela, A Coruña, España
Ver mapa


Cuándo:
Desde 24 mar de 2017

Inauguración:
24 mar de 2017

Comisariada por:
Juan de Nieves

Artistas participantes:
Misha Bies Golas

       


Descripción de la Exposición

O venres 24 de marzo preséntase no muro dochán –espazo de creación da libraría Chan da Pólvora- a peza de Misha Bies Golas: 'Polos pelos i outros sinais'. Esta constitúe a terceira intervención do programa comisariado por Juan De Nieves para Chan da Pólvora. Misha leva tempo detectando pequenas marcas case imperceptibles nas páxinas dalgúns libros da súa biblioteca: pelos, puntos e vestixios de tinta conforman unha cartografía arbitraria e paralela ás liñas do texto, convertendo o lector nunha sorte de arqueólogo da era pre-dixital. A partir destas descubertas, xéranse micronarrativas de sinais e liñas entrecortadas que revelan novos asuntos literarios e paisaxísticos. Unha boa selección destas composicións conforma unha edición fotográfica numerada e personalizada ,e ao mesmo tempo, disponse na súa totalidade no *muro dochán* como fragmentos dun novo relato. Misha Bies Golas (Lalín, 1977). Artista plástico, formado no campo da fotografía e do deseño. A súa obra atinxe ámbitos de distintas disciplinas, centrando os seus últimos traballos en torno ao apropiacionismo, libros e obxectos de diversa natureza. Expuxo recentemente na Galería ADHOC (Vigo); Salón (Madrid); Fundación Luís Seoane (A Coruña); Sala Josep Renau de la FBBAA, Universitat Politècnica (València); MARCO (Vigo); Laboral (Xixón); CGAC (Santiago de Compostela); Museo Lázaro Galdiano (Madrid) e Centre del Carme (València). Juan de Nieves (A Coruña, 1964) é comisario de exposicións. Os seus últimos proxectos, “El doble de la mitad”, de Rubén Ramos Balsa, e “Prospecto, principio, meio e ultimação”, de André Guedes, pódense ver nestes días no MAC da Coruña e no Pavilhao Branco de Lisboa, respectivamente.


Entrada actualizada el el 05 oct de 2017

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?
Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla.
ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.
Recomendaciones ARTEINFORMADO

Premio. 17 sep de 2024 - 27 ene de 2025 / España

VII Puchi Award

Ver premios propuestos en España

Exposición. 13 dic de 2024 - 04 may de 2025 / CAAC - Centro Andaluz de Arte Contemporáneo / Sevilla, España

Pepa Caballero. Constelaciones abstractas

Ver exposiciones propuestas en España

Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España

Máster PHotoESPAÑA en Fotografía 2024-2025

Ver cursos propuestos en España