Descripción de la Exposición
A Igrexa da Universidade acollerá do martes 5 de abril ata o sábado 28 de maio a exposición O Silencio de Deus, unha mostra individual de Xosé Luís Otero comisariada por Elena Bangueses.
O artista propón una hibridación entre exposición e instalación, enlazando a arquitectura e a espiritualidade da Igrexa a modo de reflexión entre o humano e o espiritual. A través de seis instalacións, Otero transmite un estado de desasosego fronte ás divisións inexplicables que forman o tecido da nosa realidade. Os materiais empregados polo artista e o seu proceso creativo testemuñan a frívola teima dos humanos por construír e reconstruír, organizar e reorganizar, mostrando o carácter efémero da existencia humana, a soidade pura e o silencio de Deus.
A súa inauguración terá lugar o martes 5 de abril ás 20.00 horas e o acceso é libre ata completar a capacidade da sala.
Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España