Descripción de la Exposición
Esta exposición iníciase na época do Romanticismo con máis dun século de historia da fotografía e da literatura en España, ata a súa extinción cos últimos membros da Xeración do 98 e a do 14, anos escuros do franquismo. A partir da análise do retrato fotográfico español as fotografías condúcennos, coma un "lazarillo", desde os primeiros anos do daguerrotipo deica a morte de Azorín (1967) e de Pío Baroja (1956). Percorreremos os anos que precederon a idade de ouro do retrato, a apoteose da carte de visite, a evolución posterior dos formatos e a época dos estudios nos que os fotógrafos construían a máscara das súas personaxes e así chegamos á revolución que supuxeron o desenvolvemento do periodismo ilustrado e a crise do retratismo de galería, iniciada na década de 1910.
A través das fotografías, os álbums, as publicacións ilustradas, os obxectos, as postais e as fototipias coñecemos os traballos dos grandes mestres da fotografía do século -Laurent, Martínez Sánchez, Franzen, Compañy, Alfonso, Calvache, Antonio García, Marín, Venancio Gombau, Campúa e tantos outros-, cos que se construíu a iconografía fotográfica das letras españolas. Entre os seus representantes máis ilustres están desde os románticos, Bécquer, Rosalía de Castro e José Zorrilla, ata os membros das xeracións do 98 e do 14, encabezados por Pío Baroja, Azorín, Valle-Inclán, Rubén Darío, Blasco Ibáñez, Antonio Machado, Ortega y Gasset, Gregorio Marañón, Juan Ramón Jiménez e Gómez de la Serna. O relato detense ás portas da Xeración do 27, cuxos membros son protagonistas dun tempo xa novo da fotografía e da literatura, nunha España agraviada polas feridas da Guerra Civil e o exilio. Un relato gráfico dun século apaixonante da cultura española contemporánea, construído a partir do poder evocador da fotografía, a linguaxe máis eficaz para, polo menos, nos consolar da desconsideración do esquecemento.
PUBLIO LÓPEZ MONDÉJAR
Comisario da exposición
Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España