Descripción de la Exposición
O proxecto que o Centro Cultural Marcos Valcárcel dedica a Alfonso Sucasas exponse como unha pequena retrospectiva, conformada por series realizadas en distintas décadas da súa carreira. O discurso percorre os motivos máis coñecidos do autor, desde os xogadores de cartas ou os espidos de muller ata o Entroido e as maternidades. En xeral, óleos de medio formato, fóra de catro fermosos e pequenos bosquexos, debuxos nos que os protagonistas son músicos e bailarinas.
Ademais da temática referida, móstrase unha faceta, quizais menos reiterada do pintor, aínda que non descoñecida. Unha selección de cadros entregada á natureza, árbores e follas que evidencian as singularidades estilísticas da súa produción: paleta ampla e atrevida que se estende sobre os límites do propio debuxo; salientando a expresividade da cor por encima da liña. É unha visión que intensifica, ao máximo, o xesto nunha proxección de zonas cromáticas. Véndoas, en conxunto, máis parecen un rebuscado pretexto para afastarse da formulación figurativa e achegarse á linguaxe abstracta, aludindo á natureza ao través dun tratamento de impresións coloristas executadas a grandes brochadas.
Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España