Descripción de la Exposición
O xoves 30 de novembro ás 19:00h inaugúrase a galería NÉBOA con "Non hai dúas sen tres" da artista compostelá Carlota Pereiro (1988) na Rúa Lamas de Prado 31, Lugo. A concepción desta exposición xurde no momento puntual no que a artista contempla unha das súas recentes obras e decátase da existencia dun mundo tríptico en forma de realidade arcana organizada arredor do número tres.
A regra do tres imponse en lemas e slogans. Liberté, égalité, fraternité. De feito, en latín existe a expresión omne trium perfectum traducido por “todo o que vén en grupo de tres, é perfecto”. O patrón dos tres elementos, aporta á escrita brevidade, facilidade para lembrar e ritmo. Introdución, nó e desenlace. Incluso os refráns e ditos populares inclúen o tres. Corre, vai e dille, na súa xenuina acepción. Tres, tres, tres… María, Xesús e Xosé; os tres elementos do átomo; os tres Reis Magos; as tres grazas; o trisquel; pasado, presente e futuro; pensamento, palabra, acción; sexo, drogas e rock and roll; sangue, súor e bágoas… Non hai dúas sen tres… O infinito inventario que alimenta o noso ideario colectivo no que se cobiza o equilibrio.
Pois ben, a tríade, a máxica conxunción que latexa no interior da artista e bule por saír, por espallarse e amosar o seu particular equilibrio ao facerse cor, forma e volume para encher o espazo, asolagando o branquecino marco de tres paredes baleiras, a base de retazos tomados espontáneamente, de xeito visceral e sen organización premeditada e cuxo conxunto, o todo como suma das partes, tenta transmitir a ledicia da súa percepción do mundo e facer do gozo a derradeira esencia da súa ARTE.
Carlota Pereiro (Santiago de Compostela, 1988) é graduada en Administración e Dirección de Empresas e mestrado en Deseño Textil e Superficies no Instituto Europeo de Deseño de Madrid. Recentemente expuxo de forma individual na Galería Arniches26 (Madrid) a mostra ""Ajuar e na Galería Marimón (Palma de Mallorca) "Malo será". Participou na última edición de Estampa coa galería Materna y Herencia (Madrid) e en Urvanity 2022, con Arniches26 (Madrid). Ademáis, desenvolve un gran labor de deseño e colabora habitualmente dende hai unha década co Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, amais de colaborar con entidades e organismos como Ateneo de Madrid, AC Hotels by Marriot, Comisión Española de Ayuda al Refugiado (CEAR), Ayuntamiento de Madrid ou a Comisión Europea, entre outros. Con "Non hai dúas sen tres" Carlota regresa a Galiza despois de "Mi camino" no espazo cultural do Aeropuerto de Santiago de Compostela no 2019.
Exposición. 13 dic de 2024 - 04 may de 2025 / CAAC - Centro Andaluz de Arte Contemporáneo / Sevilla, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España