Descripción de la Exposición
NACIÓN S.A.
Iago Eireos (Lugo, 1980) volve á súa cidade natal cun proxecto expositivo sobre a idea de nación, a través de intervencións artísticas que poñen en diálogo conceptos como memoria, historia, estado, goberno, bandeira, himno, territorio, fronteira, pobo, cultura ou identidade.
“Nación S.A. é un proxecto analítico, que se desenvolve a partir de interrogantes acerca da orixe da nación, dos seus elementos básicos ou diferenciadores, da relevancia da bandeira, de como se forxa a identidade dunha nación e que aspectos a configura, de como se establecen os límites (físicos, políticos, xeográficos, culturais, económicos) sobre o territorio, etc.
Dende este ”cruces de límites”, construídos dende a colectividade no propio espazo que habitamos, a investigación do artista deriva na experimentación plástica e visual, a través dun despregamento técnico de multitude de disciplinas artísticas. O debuxo e o papel son protagonistas nunha sorte de arquivo documental, dun estudo de indagación científica e pescuda continua, en referencia a esa memoria colectiva e individual, que revela as contradicións e tensións da historia dunha nación. O gravado, pola súa parte, é a testemuña da xeografía e do poder, dos criterios políticos, lexislativos e normativos que atanen á formación dun estado, producindo (e reproducindo) unha dirixida orde social. A pintura é utilizada na interpretación do concepto do mapa, facendo visibles conceptos como territorio, fronteira ou límite, especialmente naquelas obras de gran formato, onde a cartografía cambiante do mapa é a protagonista plástica. Mentres que os conceptos pobo e cultura son traballados dende a instalación e o audiovisual, analizando símbolos, valores e discursos históricos, que amalgaman a un grupo de persoas que comparten un territorio determinado, construíndo na identidade cultural o seu diferencial. E finalmente, a idea de “construír territorio” dende a colectividade, se presenta nesta mostra dun xeito práctico no espazo público: unha peza site-specific colaborativa convidará á cidadanía a formar parte dese “establecer límites e fronteiras”, nunha especie de cartografía emocional despregada na Praza de San Marcos.
En resumo, o proxecto “Nación S.A.” de Iago Eireos se orixina no seu interese por reflexionar sobre a idea do límite, a fronteira e o conflito, a construción e reconstrución da nosa identidade (espazo-temporal), a memoria e o imaxinario a través do noso territorio no mundo. Do noso “lugar” simbólico.
Paula Cabaleiro, comisaria
Exposición. 13 dic de 2024 - 04 may de 2025 / CAAC - Centro Andaluz de Arte Contemporáneo / Sevilla, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España