Descripción de la Exposición
“Desandar os pasos recibidos culturalmente, esa maraña de símbolos que nos envolve dende a infancia e nos leva a interpretar sempre nun mesmo sentido a vida. Crear pequenos espazos de liberdade creativa que nos ofrezan outras perspectivas ás cales asomarnos para vivir cada latexo e cada paisaxe. Fuxir das prisións impostas socialmente: muller/home, ben/mal, relixiosos/ateos, dereitas /esquerdas... para recrear símbolos que dan serenidade e paz neste marabilloso mundo diverso.
Precisamos habitar Cosmos e non Caos como xa nos lembraban os antigos pitagóricos, unha necesidade humana como tamén a é a de nomear e poñer límites, outorgar significados, delimitar distintas dimensións que inevitablemente interactuan pois é condición do coñecemento humano que o fagan. Mapas insatisfactorios que nos fan indagar novos lugares dentro do territorio convertendo o desacougo en nova liña de investigación, en novo espazo para xogar nun presente elástico, sempre un pouco fuxitivo.”
Exposición. 12 abr de 2025 - 14 sep de 2025 / Centro Botín / Santander, Cantabria, España
Maruja Mallo: Máscara y compás. Pinturas y dibujos de 1924 a 1982
Formación. 08 may de 2025 - 17 may de 2025 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España