Descripción de la Exposición
“Mondo Trasho” é a primeira exposición individual do traballo de Sabrina Fernández Casas en Galicia.
Esta exposición presenta un proxecto de investigación sobre piratería audiovisual e economía informal levado a cabo en 2018 na cidade de Lima (Peru). As pezas expostas mostran o proceso de compra e transformación dunha tenda chamada MONDO TRASHO para a creación dun espazo de reflexión sobre os propios límites dun archivo en canto a sua propia materialidade, accesibilidade, legalidade e valor.
Sabrina Fernández Casas estudou na facultade de belas artes de Pontevedra e obtivo o seu máster no ano 2014 na HEAD–Universidade de Arte e deseño de Xenebra (Suíza). En 2015 fundou a editorial e colectivo «MACACO Press» xunto co artista arxentino Patricio Gil Flood, para desenvolver proxectos de investigación, publicacións, e distribuír o material impreso mediante accións no espazo público. Entre 2015 e 2017, traballou na HEAD (Xenebra) como profesora convidada xunto con Dora García e La Ribot.
O seu traballo foi exposto internacionalmente, incluíndo KIOSKO Galería, Santa Cruz, Bolivia; Centro de Arte Contemporánea de Xenebra; Kabinett das Salzburger Kunstverein (Salzburgo); Weserburg Museum für moderne Kunst (Bremen); A Casa Acesa (Madrid); Southard Reid Gallery (London); Galería Bacelos (Vigo). Os seus libros de artista forman parte de coleccións importantes como The Library of the printed web, NY; MoMA Library, NY; Archipelago, Londres; Tate Library, Londres.
Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España