Descripción de la Exposición
O diá 17 de novembre as 20 horas terá lugar, nos espacios de arte do Hotel Virxe da Cerca a inauguración da exposición:” Mergullos de amor” do artista Nicolás González Aller. .O artista lalinense presenta unha nova colección de oleos e debuxos coa que regresa expositivamente a cidade compostelá despois da exitosa mostra : ” O unicornio e o seu mundo” presentada na Igrexa da Universidade no ano 2013. ” Mergullos de amor” é unha selección de obra de recente factura, cargada de gran lirismo que, fiel a seu estilo, mestura co universo máxico galego. Esta mostra podra visitarse ata comezos do ´2017.
Nicolás González Aller comeza a súa traxectoria nos anos 60, comenzando a expoñer en Madrid, cidade onde estudiou. A súa primeira mostra individual foi unha retrospectiva con obras realizadas entre 1987 y 2006 no Museo Ramón Mª Aller de Lalín. Ademáis de diversas colectivas celebradas en Madrid, en espacios galegos e en New York, protoganizou tamén individuais en Silleda, Santiago, Orense, varias veces en Lalín, no ano 2009 en Vigo no 2013 en Santiago de Compostela ou no 2015 na casa de Galicia en Madrid. A súa estancia en Costa de márfil convirtese nunha experiencia vital que transfire a súa obra.
Esta exposición realizase no marco do convenio expositivo entre Pousadas de Compostela e a coordinadora de exposicions Cristina Carballedo. Un convenio iniciado no ano 2011 polo que artistas profesionais interveñen artisticamente os nobles espacios desta empresa, como o Hotel Virxe da Cerca, edificio do seculo XVIII, antiga residencia de Jesuitas.
Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España