Descripción de la Exposición
Matrias illadas é proxecto artístico multidisciplinar artellado por Neves Seara, artista plástica e performer, xunto a Tamara Andrés, poeta, tradutora e investigadora.
Na mostra poderá verse unha selección de fotografías e poemas, e algúns dos obxectos usados para crear esas imaxes, imaxes que foron tomadas en diferentes lugares de Galicia relacionadas coas ancestras das creadoras —as ‘Matrias‘—, e foron concibidas como homenaxe a elas e a súa herdanza.
Na inauguración presentaranse o libro-obxecto que integra o proxecto e compartiranse poemas escritos no marco do mesmo, ademais todas as persoas asistentes poderán facerse cun exemplar do catálogo tras ver a exposición.
A inauguración non require confirmación previa, será ata completar aforo
Exposición. 13 dic de 2024 - 04 may de 2025 / CAAC - Centro Andaluz de Arte Contemporáneo / Sevilla, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España