Descripción de la Exposición
A Fundación DIDAC presenta a exposición Materials Lab da recoñecida artista portuguesa Fernanda Fragateiro.
A exposición Materials Lab de Fernanda Fragateiro escenifica as relacións entre as diferentes ferramentas de traballo que comunmente habitan os talleres dos artistas. Este laboratorio de materiais -debuxos, libros, fotografías, obxectos atopados, fragmentos de muros, ou mesmo pinceladas-, converten o contexto da artista en contido e o arquivo en obxecto artístico. Fernanda Fragateiro presenta o taller e os seus procesos como obra e proxecta a exposición como proceso de investigación, outorgando así unha dimensión poética á documentación.
David Barro sinala como “non falamos tanto de revolucionar as técnicas como de revitalizar os formatos e, neste sentido, Fernanda Fragateiro consegue outorgar o status de work in progress ao conxunto do seu traballo, pensando o sentido dos obxectos, as historias que foron investigadas e as que o puideron ser. O cerrado aquí esnaquízase e devólvenos ao lugar da aprendizaxe, da experimentación”. En palabras da artista, “trabállase co significado como material e úsase o material como significado”.
Fernanda Fragateiro (Montijo, Portugal, 1962) é unha das artistas portuguesas máis importantes e recoñecidas internacionalmente. A súa obra atópase en coleccións como as do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid; Thyssen-Bornemisza Art Contemporary (TBA21); CGAC-Centro Galego de Arte Contemporánea; Colección Helga de Alvear; Fundação Calouste Gulbenkian; Fundação de Serralves; Fundació ”la Caixa”; Fundación Botín; Fundación Neme de Bogotá; Harvard Art Museums; Jorge M. Pérez Collection, Miami; Centro Cultural de Belém; Museu Coleção Berardo; Portugal Telecom; ou The Ella Fontanals Cisneros Collection, Miami, entre outras.
A exposición, comisariada por David Barro, é produto dunha coprodución coa institución independente Appleton de Lisboa e poderá ser visitada ata o 26 de febreiro.
*A inauguración, para a que é preciso inscribirse, contará coa presenza da artista e haberá dous pases o venres 11 ás 19 e 20 h e dous pases o sábado 12 ás 11 e 12 h, restrinxidas a 15 persoas cada un. Pódese facer a inscrición desde este enlace
https://www.eventbrite.es/e/entradas-inauguracion-de-la-exposicion-fernanda-fragateiro-materials-lab-131014185957
Actualidad, 14 dic de 2020
#Loquehayquever en España: El REINA SOFÍA presenta una antológica de LEÓN FERRARI
Por Gustavo Pérez Diez
A lo largo de varias salas, se muestra un enorme legado que va desde sus primeros dibujos, collages, acuarelas, esculturas o su vínculo con la escritura y la poesía, hasta ...
Exposición. 11 dic de 2020 - 19 mar de 2021 / Fundación DIDAC - DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas / Santiago de Compostela, A Coruña, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España