Descripción de la Formación Obxectivos do curso: OBXECTIVOS: a) Facilitar unha maior cualificación de aqueles que desexen optar a postos vencellados cos museos, galerías, centros, e institucións dedicados á arte contemporánea. b) Dotar duns coñecementos superiores a todos aqueles que se atopen traballando no mundo dos museos. c) Preparar a futuros críticos de arte que desexen traballar nos medios de comunicación. d)Mellorar o nivel que a crítica presenta nos xornais e prensa especializada e non especializada. METODOLOXÍA As clases teñen unha orientación práctica e participativa. A docencia será impartida por profesores universitarios e profesionais de recoñecido prestixio como por exemplo, conservadores, especialistas en didáctica, xestores, montadores, etc., vencellados cos distintos museos, fundacións e galerías. O curso ten un total de 56 créditos, dos cales 48 son obrigatorios. Aqueles que queiran obter o máster deben cursar un total de 50, para o que dispoñen de 8 créditos optativos. O curso completarase cun prácticum no cal os alumnos terán ocasión de presentar proxectos expositivos, algúns dos cales poderán ser levados á práctica, ou un conxunto de artigos de crítica de arte que poderá ser publicado en periódicos e revistas, especializadas ou non. Requisitos de acceso: Licenciados en Historia da Arte. Historia. Xeografía. Filosofía. Filoloxía. Humanidades. Ciencias da Comunicación. Socioloxía. Belas Artes e Arquitectura. Excepcionalmente poderán acceder titulados de primeiro ciclo cando a conexión entre a súa formación e o máster estea xustificada e alumnos que teñan superados o primeiro ciclo e non lles falten máis de 30 créditos para obter a titulación. En todo caso. para poder obter o título de máster. o alumnado deberá posuír a condición de titulado antes de rematar o ano académico correspondente aos estudos. O alumnado que cursara estudios no máster e non tivera dereito ao título poderá solicitar unha certificación de ditos estudos.
Premio. 27 ene de 2025 - 10 mar de 2025 / Vitoria-Gasteiz, Álava, España
Exposición. 03 feb de 2025 - 11 may de 2025 / Museo Nacional Thyssen-Bornemisza / Madrid, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España