Descripción de la Exposición
O primeiro andar do Pazo Provincial acolle ata o mes de decembro a exposición "Mar, mitos e montes", da artista grega e afincada na provincia de Ourense, Sula Repani. Trátase da segunda mostra destas características, logo de "Pinturas Diversas" de Leandro Sánchez, primeira exposición que inaugurou este novo uso do corredor do primeiro andar do edificio nobre da Deputación.
Esta mostra está composta por 45 obras de diferentes formatos que amosan paisaxes mariños da costa galega e grega, rurais da provincia de Ourense e interpretacións da artista de determinados mitos gregos como o de Penélope ou o rapto de Europa, entre outros. "A memoria das miñas orixes, fonte da niña inspiración, fíxoseme máis forte en contacto con este novo mundo que é Galicia", sinalou Sula Repani ao explicar a súa obra.
Exposición. 12 abr de 2025 - 14 sep de 2025 / Centro Botín / Santander, Cantabria, España
Maruja Mallo: Máscara y compás. Pinturas y dibujos de 1924 a 1982
Formación. 08 may de 2025 - 17 may de 2025 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España