Descripción de la Exposición A exposición Ironías do aparente nace co obxectivo de dar a coñecer a obra de tres artistas emerxentes (Lúa Louro, Belén Naveira e Paula Purriños), que rematan neste curso a carreira de Belas Artes. A finalidade da proposta consiste en elaborar tres discursos diferentes a partir dun mesmo tema, a apariencia. Lúa Louro aborda a través dos seus obxectos a apariencia física como xogo visual. Mediante esta estratexia enfatiza na doble identidade da imaxe ficticia fronte a realidade. Belén Naveira conxuga a fotografía coa pintura para poñer en evidencia certas características ocultas dos elementos do ámbito pictórico. Centra a súa línea de actuación no poder de suxestión da realidade. Paula Purriños presenta unha serie de óleos nos que amosa mulleres inmersas en mundos oníricos nos que critica a mirada superficial que existe na actualidade en torno ó corpo feminino.
Premio. 27 ene de 2025 - 10 mar de 2025 / Vitoria-Gasteiz, Álava, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España