Descripción de la Exposición
Como se dunha primixenia antropóloga se tratara, Melania Freire entende a importancia e a urxencia de ensaiar métodos de observación e anotación, inventando ferramentas para captar a intranquila esfera dos espazos limiares entre as diferentes culturas que cohabitan en nós. A artista observa detida, pausada e sostidamente todo canto pretende expresar, en busca daquilo que nas cousas permanece aínda sen ser observado. Como xogando ás agachadas, a artista escamotéase entre os retalos do costumismo ao que se enfronta e ao que interpela a través da exploración de xéneros como o bodegón ou o retrato.
O xesto necesario para atar un pano á cabeza repetido unha e mil veces polas mulleres do campo, a pegada deixada no aire ao levantar un canasto e ao camiñar con el sobre a cabeza ergueita, unha patela ao peito para ensinar a mercancía. Unha herdanza marcada por obxectos do cotián, polos usos que lles damos, polos materiais cos que están feitos e pola memoria xestual que a eles asociamos. Todo iso está presente no traballo de Melania Freire como unha sorte de clasificación reconstituínte daqueles materiais, elementos, obxectos que dan forma á súa primeira memoria. Lola Dopico. Curadora da exposición
Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España