Inicio » Agenda de Arte

Instantes na memoria

Exposición / Museo Provincial de Lugo / Praza da Soidade, s/n / Lugo, España
Ver mapa


Cuándo:
21 jul de 2011 - 23 oct de 2011

Inauguración:
21 jul de 2011

Comisariada por:
María Quiroga Figueroa

Organizada por:
Museo Provincial de Lugo

Artistas participantes:
Salvador Castro Freire

ENLACES OFICIALES
Web 
Etiquetas
Fotografía  Fotografía en Lugo 

       


Descripción de la Exposición

Nos últimos anos do século XIX prodúcense unha serie de avances técnicos no campo da fotografía como son a produción industrial de papeis de xelatinobromuro, así como a mellora das cámaras de fotos, que se fan máis sinxelas e manexables. Así mesmo, abarátase o seu prezo, circunstancia que propicia que se xeneralice o seu uso dando lugar a un novo tipo de fotógrafo 'afeccionado', diferente ao 'de gabinete'.

 

Salvador Aurelio Castro Soto Freire, nacido en Lugo no ano 1869 e farmacéutico de profesión, pertence a esta nova clase de fotógrafos que ocupa os seus momentos de ocio paseando pola cidade e viaxando pola provincia coa súa cámara ás costas, captando todas esas imaxes que xa forman parte da nosa memoria.

 

Home moi interesado polos avances da súa época, a súa desafogada posición económica permitiralle adquirir todo aquel dispositivo innovador que se poña ao seu alcance, dende unha cámara fotográfica ou un verascopio até unha máquina rexistradora.

 

Pero Salvador Castro Soto Freire era, ante todo, un namorado de Lugo, a súa cidade, e participaba activamente de todos os acontecementos que nela se producían. Así, a súa cámara de fotos será unha ferramenta indispensábel para capturar toda unha serie de cambios e acontecementos que se producen en Lugo nos últimos anos do século XIX e os primeiros do século XX.

 

Ao mesmo tempo que realiza todas estas imaxes que nos deixou en herdanza, Castro Freire escribe e recompila datos de feitos pasados e tamén do seu presente, que aglutina nun interesante traballo que será publicado en 1951, un ano antes da súa morte, nunha edición custeada polo Colexio de Farmacéuticos de Lugo baixo o título, Lugo y sus hombres. Ensayo de síntesis histórica.

 

O arquivo componse de duascentas trinta e tres copias fotográficas en papel, catorce negativos de cristal e un estereoscopio con corenta e dúas imaxes dobres en cristal, e a súa importancia radica en que todo ese conxunto é orixinal.

 

Os coñecementos químicos de Salvador Castro Freire quedan patentes na variedade de técnicas que emprega, tanto nas emulsións coma nos revelados realizados por el mesmo no primeiro piso da súa botica situada na rúa de San Pedro.

 

Castro Freire empregará maioritariamente, xelatinas de prata ao clorobromuro, aínda que tamén hai algunha copia ao papel citrato e unicamente unha copia á albumina. Nos poucos casos que aparecen asinadas, a rúbrica aparece invertida. Algunhas destas imaxes serviranlle de base para a realización de postais, para as que emprega as mesmas técnicas fotográficas, ou ben procedementos de imprenta como a colotipia.

 

Xunto cos negativos de cristal e as copias en papel presentamos un estereoscopio, que era propiedade do fotógrafo, co que se poden contemplar as corenta e dúas imaxes dobres de cristal de forma tridimensional.

 

Esta exposición revélase como unha ocasión única e excepcional para ver a colección de Salvador Castro Soto Freire do Museo Provincial de Lugo, xa que a fraxilidade dos seus materiais impide unha exhibición prolongada no tempo.

 


Entrada actualizada el el 26 may de 2016

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?
Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. O si lo prefieres, también puedes ponerte en contacto con su autor.
ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.
Recomendaciones ARTEINFORMADO

Premio. 17 sep de 2024 - 27 nov de 2024 / España

VII Puchi Award

Ver premios propuestos en España

Exposición. 19 nov de 2024 - 02 mar de 2025 / Museo Nacional del Prado / Madrid, España

Darse la mano. Escultura y color en el Siglo de Oro

Ver exposiciones propuestas en España

Formación. 23 nov de 2024 - 29 nov de 2024 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Hito Steyerl. Tiempos líquidos, tiempos feudales

Ver cursos propuestos en España