Inicio » Agenda de Arte

Imos sempre de regreso. Colección Fundación DIDAC

Exposición / Fundación DIDAC - DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas / Pérez Costanti 12 bajo / Santiago de Compostela, A Coruña, España
Ver mapa


Cuándo:
08 feb de 2020 - 12 abr de 2020

Inauguración:
08 feb de 2020

Precio:
Entrada gratuita

Organizada por:
Fundación DIDAC - DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

ENLACES OFICIALES
Web 

       


Descripción de la Exposición

A Colección Fundación DIDAC é un legado en construción que nace coa misión de proxectar o deseño e a arte contemporánea. Coa intención de xerar un mapa visual e documental do acontecido fundamentalmente dende os anos setenta ata hoxe, esta colección reúne, ademais de obras de arte e obxectos de deseño, catálogos e libros de artista, revistas e carteis, informacións primarias e todo tipo de material que contribúe ao estudo do deseño e a arte contemporánea en Galicia; para iso, compleméntase con pezas de artistas e deseñadores nacionais e internacionais que axudan á contextualización deste legado ao tempo que permiten expandir o relato. Cunha organización cronolóxica que nace simbolicamente coa publicación do primeiro número do Laboratorio de Formas de Galicia en 1970, a Colección Fundación DIDAC asume unha vocación contemporánea e aposta por difundir e catalogar o día a día da creación máis actual. Conscientes de que é cada xeración a que encontra as súas propias afinidades e filiacións no pasado, a Colección Fundación DIDAC inclúe tamén algunhas creacións anteriores ao seu marco cronolóxico principal. Esta colección dá sentido ao proxecto da Fundación DIDAC, que nace en liña cun dos obxectivos do Laboratorio de Formas de Galicia que pretendía dotar a Galicia de institucións capaces de abrir novos traxectos interdisciplinares de investigación para a arte e o deseño, recuperar a memoria e encontrar unións entre o espíritu de época e a tradición e historia de Galicia no ámbito do creativo. Noutras palabras, a raíz local conxúgase con vocación universal, pero tamén o presente destílase desde unha mirada ao pasado, co compromiso de trasmitir ese coñecemento, proxectándoo e renovándoo. De aí o título desta primeira presentación da Colección Fundación DIDAC, “Imos sempre de regreso”, a partir dunha máxima do poeta Novalis (Immer Nach Hause). A vontade formativa e de difusión da Fundación DIDAC permitirá a proxección dos seus contidos mediante exposicións e publicacións como as realizadas nesta ocasión.


Entrada actualizada el el 28 ene de 2020

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?
Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. O si lo prefieres, también puedes ponerte en contacto con su autor.
ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.
Noticias relacionadas

Actualidad, 05 feb de 2020

#loquehayquever en España: Joan Rabascall y Thomas Nölle exponen por partida doble en Madrid

Por Paula Alonso Poza

La capital española es el escenario de dos dobles aperturas con obras del catalán Joan Rabascall y del alemán Thomas Nölle. El primero inaugura una retrospectiva en Tabacalera que se ...

Recomendaciones ARTEINFORMADO

Premio. 09 oct de 2024 - 06 nov de 2024 / Madrid, España

Santander Emplea Cultura - 11 edición

Ver premios propuestos en España

Exposición. 15 oct de 2024 - 16 feb de 2025 / Museo Nacional del Prado / Madrid, España

El taller de Rubens

Ver exposiciones propuestas en España