Descripción de la Exposición ------------------------------------------------------- ------------------------------------------------------- ILLADOS é un proxecto coral no que máis de vinte artistas galegos interveñen nos espacios expositivos do Castelo de Santa Cruz, cunha exposición no que o fío conductor é o mar e a nosa natureza. Achegámonos así a través do relato contemporáneo ao mundo marítimo nun enclave privilexiado, nun espazo que forma parte da historia da Coruña desde o século XVII e que, despois de distintos usos acolle agora o CEIDA, que coordina, dinamiza e promove a educación ambiental en Galicia. Pintores, fotógrafos e escultores presentan unha obra específica para esta exposición cun nexo de unión: o mar e o seu hábitat. Estes artistas representan este sinal de identidade de Galicia con iconos recoñecibles a través dunha lectura persoal e emotiva da natureza. En moitas das pinturas e fotografías podemos ver unha fibra sintética que capta a fugacidade do instante a través da luz e a cor. As esculturas que se presentan interpretan, igualmente, aspectos da natureza que nos rodea desde una perspectiva artística. Todos os artistas teñen unha traxectoria moi recoñecida e consolidada. Desta forma podemos contemplar durante dous meses a visión e interpretación persoal da natureza a través da nova figuración nos óleos de Alexandro, no surrealismo do artista Paco Pestana ou na forza de Paulo Neves, Ramón Conde e Soledad Penalta en tres dimensións. Igualmente achegámonos ao mar a través do realismo na pintura de Guerreiro, Méndez, Mila Vázquez e Simion Craciun; na experimentación cos materiais de Julio Sanjurjo, Rivero de Aguilar, e Andreas Ruíz; ou no humor a través da arte de Jorge Espiral e Fernando Barreira. Veremos a visión do noso hábitat a partir da abstracción de Masíá, Xaquín Chaves, Magalhaes, Isabel Pintado e Ángel Caballero; da perspectiva fotográfica de Edu Valiña e Xabier Carrasco. Tamén poderemos contemplar as referencias á iconografia galega de Buciños, Francisco Pazos e Luis de las Cuevas e a calidez da madeira na escultura de Lomarti, Enrique Tenreiro e Camilo Seira. Finalmente achegarémonos á nosa natureza a través da sutileza da pintura de Seara e a creatividade de Alberto Gulías.
Artistas: Alexandro, Paco Pestana, Paulo Neves, Ramón Conde, J. Méndez, Masiá, Fernando Barreira, Luis de las Cuevas, Jorge Espiral, Alfonso Rivero de Aguilar, Alberto Gulías, Julio Sanjurjo, Mila Vázquez, Buciños, Xabier Carrasco, Enrique Tenreiro, Edu Valiña, Seara, Guerreiro, Lomarti, Xaquín Chaves, Magalhaes, Ángel Caballero, Camilo Seira, Andreas Ruíz, Simion Craciun, Francisco Pazos, Soledad Penalta, Isabel Pintado.
Exposición. 05 jul de 2013 - 28 ago de 2013 / Castillo de Santa Cruz / Oleiros, A Coruña, España
Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España