Descripción del Premio ------------------------------------------------------- ------------------------------------------------------- 1º.- Poderán participar os mozos e mozas nacidos ou residentes en Galiza menores de trinta e cinco anos. 2º.- Ao autor do proxecto elixido outorgaráselle unha bolsa cunha dotación de 3.000,00 euros para a realización dun traballo fotográfico relacionado co mar de Galiza en calquera das súas circunstancias 3º.- Os candidatos ao premio presentarán unha memoria detallada cunha extensión máxima de 5 folios onde se especificarán os obxectivos teóricos e a metodoloxía do traballo a desenvolver. Así mesmo, presentarase un resumo do proxecto de 15 líñas. Estes dous documentos presentaranse por duplicado. 4º.- Presentarase tamén documentación gráfica do aspirante. Esta consistirá nun mínimo de 5 fotografías representativas do que puidera ser o traballo final para que a comisión avaliadora poida xulgar as posibilidades prácticas do proxecto. Estas imaxes poderían non formar parte do traballo final. 5º.- Adxuntarase tamén un curriculum vitae cos datos do aspirante, domicilio, teléfono, e-mail e fotocopia do carnet de identidade. 6º.- De sé lo caso, deberanse presentar tamén reproducións doutras imaxes realizadas previamente pertencentes a traballos ou proxectos anteriores. 7º.- O proxecto deberá ser inédito, non podendo polo tanto estar publicado nin exposto previamente. 8º.- O proxecto seleccionado non poderá publicarse nin exporse antes da súa presentación e exposición por parte do Museo. Durante un período dun ano posterior á presentación da exposición, o Museo poderá ofertar a itinerancia da mesma, o que implica que non poderá o autor incluílo en ningunha outra exposición durante ese período. 9º.- O número de imaxes deste proxecto será dun mínimo de 30. En caso de que polas súas dimensións ou por outras características particulares o número fora menor, terá que xustificarse axeitadamente. 10º.- O Museo organizará unha exposición co proxecto seleccionado que será coordenada polo Centro de Estudos Fotográficos. Unha vez expostas, as fotografías pasarán a formar parte da Colección Fotográfica do Museo do Mar de Galicia, que tamén poderá utilizar nas súas publicacións, web, mostras, etc. 11º.- Os gastos de tiraxe de copias e montaxe da exposición correrán por conta do Museo, debéndose xustificar debidamente, e non podendo nunca superar a cantidade de 6.000,00 euros. 12º.- A documentación para a participación entregarase nas oficinas Museo do Mar de Galicia (Av. Atlántida, 160 36208 VIGO) con data límite do 12 de febreiro de 2010. 13º.- O Museo, en colaboración co Centro de Estudos Fotográficos, publicará un libro que funcionará como catálogo da mostra, dentro da colección Do Trinque. 14º.- O bolseiro comprométese a facer constar en futuras exposición e publicacións que o traballo foi realizado como consecuencia da 2ª Bolsa de Creación Fotográfica: O MAR realizado polo Museo do Mar de Galicia. 15º.- A decisión da comisión avaliadora é inapelábel podendo quedar deserto o Premio por considerar que os traballos non atinxen unha calidade mínima para ser premiados. O feito de presentarse ao concurso leva implícito a aceptación das súas bases. 16º.- Farase público o resultado do concurso o 12 de marzo do 2010. 17º.- O proxecto entregarase totalmente realizado con data límite do 1 de novembro de 2010. 18º.- Os proxectos non premiados poderanse retirar no Museo do Mar de Galicia (Av. Atlántida, 160 36208 VIGO) a partir do día seguinte de facerse público o fallo da Comisión Avaliadora. 19º.- A Comisión Organizadora fará un seguimento periódico do traballo que está a realizar o bolseiro. O bolseiro comprométese a presentar periodicamente o estado no que se atope o seu traballo á persoa que a Comisión designe para facelo. 20º.- O Museo non se fará responsable das perdas ou danos ocasionados perante o envío. 21º.- A Comisión Avaliadora dos proxectos estará formada por persoas vinculadas ao mundo da fotografía e ao mundo do mar.
El Museo do Mar de Galicia convoca, en colaboración con CEF (Centro de Estudo Fotográficos, la II Bolsa de Proyectos de Creación Fotográfica O Mar. El objetivo de este concurso es ofrecer la posibilidad de elaborar y realizar un proyecto fotográfico propio a los nuevos autores relativo al mar gallego en cualquiera de sus circunstancias.
Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España