Descripción de la Formación
Ao longo destas xornadas, e dentro do proceso de repensar os usos dos espazos e equipamentos institucionais existentes na nosa cidade, coñeceremos certos exemplos inspiradores da península que funcionan de xeito innovador arredor do concepto de residencia artística, da planificación e uso integral de espazos culturais e sociocomunitarios e da aposta de cada territorio polo seu talento artístico e polo desenvolvemento da súa creatividade.
Queremos imaxinar alén do que coñecemos. Queremos comezar a bosquexar xuntas un horizonte aberto, libre e plural para a convivencia e o desenvolvemento creativo dentro dos nosos equipamentos, un horizonte sustentable e digno que sirva tamén como garante das condicións materiais, económicas e de vida dos axentes relacionados coa cultura no noso territorio. Comecemos unha travesía cara ao hiperespazo.
O hiperespazo defínese pola súa falta -ou imposibilidade- de definición. É o misterio, o infinito sen fronteiras onde podemos reinventarnos ou repensarnos. A páxina ou o lenzo en branco, o escenario baleiro, o espazo en silencio. É un lugar disposto á experimentación, a que aconteza nel o descoñecido. Dentro do hiperespazo atopamos máis que unha relación espazo-tempo. Atopamos outras moitas dimensións e capas, magnitudes máis intanxibles como os afectos, o acompañamento, o coidado, a flexibilidade, e tantas outras por revelar. É un espazo baleiro, flexible e aberto, disposto a ser habitado de tal xeito que poida darse ese paradoxo tan especial e inspirador: o de sentirse como na casa, aínda estando fóra da casa.
Durante as xornadas, ademais de achegarnos aos universos particulares de proxectos e persoas convidadas –que compartirán a súa experiencia dende bibliotecas, centros cívicos e sociais, espazos culturais, residencias artísticas, espazos auto-xestionados...– propoñemos unha viaxe conxunta a eses universos comúns polos que é preciso transitar para construír un proxecto innovador, dinámico, aberto, participado, integrador e sustentable. Deste xeito, ao longo de tres días abriremos distintos espazos de aprendizaxe colectiva para imaxinar xuntas eses universos que configuran o hiperespazo: as persoas (equipos e usuarias), as estruturas administrativas e xurídicas, os afectos, os recursos económicos, os recursos técnicos e materiais, o diálogo co contexto, e os criterios e identidade propias.
Exposición. 19 nov de 2024 - 02 mar de 2025 / Museo Nacional del Prado / Madrid, España
Formación. 23 nov de 2024 - 29 nov de 2024 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España