Inicio » Agenda de Arte

Hide-and-seek

Exposición / Pazo da Cultura de Pontevedra / Rúa Alexandre Bóveda, s/n / Pontevedra, España
Ver mapa


Cuándo:
07 dic de 2017 - 14 ene de 2018

Inauguración:
07 dic de 2017

Organizada por:
Pazo da Cultura de Pontevedra

Artistas participantes:
Page Tsou

ENLACES OFICIALES
Web 

       


Descripción de la Exposición

A Sala de Exposicións do Pazo da Cultura acollerá do 7 de decembro ao 14 de xaneiro a mostra Hide- and- seek [ xogo do agocho] do artista Page Tsou (Taiwan, 1978) que exhibe a súa obra en España por segunda vez. A exposición reúne dez proxectos que comprenden máis dun centenar de orixinais do autor taiwanés, coñecido polos seus deliciosos e galardoados libros ilustrados para nenos. As obras de Page Tsou son unha fusión de técnicas nas que se poden apreciar influencias do cómic xaponés, da arte urbana e da pintura tradicional oriental. Un universo artístico complexo —máis próximo á sofisticación europea que ao exotismo asiático a pesar do seu dominio da tinta chinesa— no que se mesturan motivos atemporales e un continuo afán de ruptura co previamente establecido. Na mostra recrea un mundo onírico, ás veces inquietante e sempre enigmático, onde as súas mensaxes esconden lecturas diversas —a influencia de René Magritte está patente en toda a súa obra—. O título da mostra é en si un xogo de palabras: “Gústame debuxar incluíndo sinais ocultos e distintos significados. A maioría das miñas obras son libros ilustrados nos que se tratan certos temas serios envoltos da inocencia e a diversión dos nenos. Esta é a idea principal que reflicte a exposición”, explica Tsou. En torno a mesma e con ánimo de achegar o universo da arte ao público máis novo, celebraranse diferentes obradoiros en torno á exposición. TSerán gratuitos e con prazas limitadas e, tan pronto estean perfilados, serán difundidos na nosa web e redes sociais para que os interesados/as realicen a inscrición. 2 en decembro, con visita guiada e obradoiro para público a partir de 13 anos impartidos por novos talentos gañadores de diferents premios 1 en xaneiro, de 4 xornadas para público de 6 a 13 anos impartidos pola artista e profesora Itzíaz Etzquieta.


Entrada actualizada el el 13 dic de 2017

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?
Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla.
ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.
Recomendaciones ARTEINFORMADO

Premio. 17 sep de 2024 - 27 ene de 2025 / España

VII Puchi Award

Ver premios propuestos en España

Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España

Reflejos. Picasso/Koons en la Alhambra

Ver exposiciones propuestas en España

Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España

Máster PHotoESPAÑA en Fotografía 2024-2025

Ver cursos propuestos en España