Descripción de la Exposición
Vivimos nun mundo capitalista que propuxo ‘a globalización’ como solución aos conflitos da humanidade, unha solución que pretendía abrir fronteiras, pero o que conseguiu realmente foi levantar muros e valos. Unha cultura de fronteiras que forma parte do noso desenvolvemento (Reviel Netz, 2015).
As fronteiras non son só esas barreiras que separan países en conflito, estas atópanse dentro dun mesmo país ou mesmo cidade, a urbanización actual xera novas formas de mobilidade pero tamén xera fronteiras entre o centro e a periferia. Na cidade globalizada vense todas as contradicións do desenvolvemento urbano, cada vez máis marcado polas desigualdades, as barreiras espaciais e a separación entre clases (Marc Augé 2009).
'Global complexity' intervén o espazo Zona "C" a través do dibuxo dixital dunha serie de postes eléctricos de varios tamaños, estes soportan os cables eléctricos onde o artista introduce pugas propias do arame de espiño. Estes postes –moi presentes na nosa paisaxe– son símbolos de conectividade e globalización, mentres que as pugas aluden ás barreiras e fronteiras, que cada vez están mais presentes na nosa paisaxe cotiá.
Amine Asselman (Toulouse, Francia, 1989) é licenciado en Belas Artes, sección de deseño publicitario polo Instituto Nacional de Bellas Artes de Tetuán, Marruecos.
Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España