Descripción de la Exposición
O Museo Centro Gaiás recibe agora esta exposición centrada na época arxentina do artista, que continuará co seu percorrido internacional viaxando a París, onde quedará instalada no Instituto Cervantes co apoio da Embaixada de España en Francia.
OBRAS DA ETAPA DE MADUREZ NA ARXENTINA
Comisariada por Carlos L. Bernárdez, historiador e crítico de arte, Foi un home. Laxeiro en América (Buenos - Aires, 1950 -1970) reúne corenta pezas procedentes de diversas institucións como o Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín, o Museo de Pontevedra ou Afundación, centradas na época de madurez deste lalinense internacional que se instalou en Arxentina durante vinte anos, mergullándose no ambiente intelectual da capital porteña, foco da emigración e o exilio galego.
A mostra quere desenvolver así unha nova ollada sobre a obra de Laxeiro. E é que durante esa época o pintor mantén unha enorme fidelidade aos temas galegos da súa formación, pero vai sufrir unha intensa evolución formal.
Pinturas que seguen a pauta do Laxeiro máis recoñecible, entre as que destacan Músicos (1955), Centaura (1961) ou O martirio do boneco Ramón (1966)
Pequena reprodución da mostra de arte galega de 1951 en Buenos Aires, con obras de Laxeiro como Amanecer (1940-1950) e outros artistas como Luis Seoane con Ruínas da guerra (1949) ou Carlos Maside con Rúas de Vigo (1948).
Obras representativas da evolución do seu estilo durante o período arxentino, entre as que hai que salientar O Mundo (1964), unha peza de gran formato escasamente exhibida en público, ou Retrato (1960-1970).
Pezas nas que se representa a descomposición dos rostros, algo moi recorrente no período arxentino no que dá a sensación de que Laxeiro pretende “expresar” máis que “representar”. Atopamos neste apartado obras como Foi un home (1963), Xefe Azteca (1964) ou O Espanto (1962)
Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España