Descripción de la Exposición
"Nestes tres anos de pandemia fun traballando e profundando na iconografía do fogar como revelador social, en especial, dos males sociais. Partín da icona clásica da casa, recoñecible case en todas as culturas, e useina como sinécdoque de fogar. As representacións non refiren só ao concreto como habitáculo, fano tamén ás ideas predeterminadas das sociedades e culturas, fundamentalmente á occidental, as cales acaban reflectindo e moldeando as estruturas polas que se rexe e organiza o fogar.
Con materiais que tiña, construín casas doentes, casas que reflicten a dor, a incomunicación, a soidade, a violencia, a tristeza, a perda de dignidade, de liberdade e a morte no máis absoluto desamparo. Fun ampliándoo, investigando en todas as herdanzas, ritos, crenzas, doutrinas, mitos e realidades... Relacionadas co tempo e coas etapas de vida; outras metáforas da infancia, da familia, dos ritos; consecuencias sociais: a residencia, a igrexa, o panteón, o bordel, a guerra...
(...)Entra na cidade, os lobos danzan os seus pasos,
Ouvean aos fogares sen leitos; a xemidos de leitos corrompidos,
a atrancadas entradas; a barricadas de entregas;
aos indolentes comidos de inverno tras o cristal(...)--"
Ruth Lodeiro
Exposición. 13 dic de 2024 - 04 may de 2025 / CAAC - Centro Andaluz de Arte Contemporáneo / Sevilla, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España