Descripción de la Exposición
Faraón: Rei de Exipto explora o simbolismo e o ideario da monarquía exipcia, á vez que tenta desvelar as historias que se ocultan detrás dos obxectos e das imaxes que deixou como herdanza esta antiga civilización. A mostra chega á Cidade da Cultura da man da Fundación ”la Caixa” e o British Museum –en colaboración coa Xunta de Galicia e no marco do Xacobeo 2021– con 140 pezas da colección do prestixioso museo británico.
Dividida en nove ámbitos, a exposición examina a figura do monarca exipcio desde todos os puntos de vista: como ser divino, situado no centro da estrutura social, ao redor do cal se artellan símbolos e crenzas que van máis aló da existencia terreal; na súa vida de palacio, rodeado pola súa familia; como gobernante e como guerreiro, e mesmo pon de relevo as diferentes orixes dos faraóns. A mostra supón, en definitiva, unha oportunidade de coñecer as realidades da vida no val do Nilo e descubrir a fascinante historia que rodea aos Señores das Dúas Terras, encargados de protexer Exipto dos inimigos e de garantir a orde no universo.
A mostra está comisariada por Marie Vandenbeusch –comisaria do Departamento do Antigo Exipto e Sudán do British Museum, onde se encarga do desenvolvemento de exposicións itinerantes e traballa na investigación das prácticas funerarias e máxicas do antigo Exipto– contando como comisario adxunto con Neal Spencer –antigo conservador do mesmo departamento do British Museum e actualmente subdirector de Coleccións e Investigación no Museo Fitzwilliam de Cambridge–.
Exposición. 10 feb de 2022 - 12 jun de 2022 / Fundación La Caixa - CaixaForum Palma / Palma, Baleares, España
Exposición. 17 abr de 2025 - 03 sep de 2025 / Centro Cultural Andratx (CCA) / Andratx, Baleares, España
Formación. 08 may de 2025 - 17 may de 2025 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España